Translate

lunes, 4 de abril de 2016

INFANTIL FEMININO: O EXTRUGASA RIO ULLA TEN QUE REMONTAR 8 PUNTOS NA VOLTA ANTE O MECO DE O GROVE, O PERDER 55 A 47 EN TERRAS MECAS.


MECO COMERCIAL NOYA: 55

EXTRUGASA RIO ULLA = 47.

Valeria (-); Paula (-); Yaiza (-); Angie (18); Alba (-); Zaira (-); Sabela (9); Sandra (10); Noa (6); Nerea (2) e Marina (2).

Emoción nun partido con 2 equipos entregados en facer o baloncesto que saben. Partido emocionante, dos que crean afición. Este domingo as 19 h será a volta en POntecesures. E si o Ri o Ulla quere chegar á final, ten que remontar esa desventaxa de 8 puntos.

De entrada o Rio Ulla fixo un gran 1º cuarto, cunha boa defensa que anulaba o xogo das locais. E en ataque Angie, con 6 puntos, liderou ó equipo na faceta anotadora (8 a 10).

No 2º cuartoo Rio ulla seguía rompendo a presión das locais, e seguia dominado no marcador, ate que, á falta de pouco para o final empezaba a ter problemas de faltas con Sandra e Angie cargadas. Neses minutos o Meco foi quen de adiantarse, chegando por diante  ó descanso (23 - 20).

Ó principio do 3º cuarto o Extrugasa tivo masi problemas de faltas: Angie e Sandra tiñan 4 cada unha, polo que onon xogaron mais no cuarto. Ahí o Meco aproveitou e dou un tirón importante no marcador. En pouco mais se puxo 20 arriba: (min 29: 45 - 25). Unha canasta con adicionalde Sabela deixaron o marcador o final do cuarto 45 a 28.

Arriscando con Angie e Sandra na pista, o Rio Ulla saiu a non perder a cara á semifinal. Intertar defender intensas e ir recortando a diferencia. E conseguiuse. Primeiro foi Angie con case 8 puntos consecutivos, e logo Sandra con  outros 7 puntos, uníndose Noa con outros 4. Estes 19 puntos, mais a mellora defensiva permitiron deixar o marcador nese 55 a 47 final.

Pontecesures domingo as 19 h. O pase á final xogase ahí...     

No hay comentarios:

Publicar un comentario