Translate

martes, 5 de abril de 2016

CADETE MASCULINO: ESTUDIANTES DE PONTEVEDRA 41 - EXTRUGASA RIO ULLA 60

Partido disputado na cidade de Pontevedra o domingo as 12h


Logo de dúas semanas de descanso, o equipo cadete volvía a competición, despois da última victoria na casa contra o Dorna.

Pese ao amplio resultado final, este é enganoso, xa que o equipo local fixo un gran partido, non deixandonos meternos no partido ata a mitade do 2º cuarto, onde logramos impoñer a nsa defensa e grazas a roubos en primeiras lineas defensivas, lograbamos irnos ao descanso cunha máxima de 11ptos.

Logo do descanso, volviamos ao partido frios, pensando que xa estaba todo feito, isto, sumando as 4º faltas persoais pitadas a Eloy e a Angel, facia que o partido volvese a poñerse igualado, ( a 4 puntos chegou a poñerse o equipo local).

Logo dun tempo morto, o cambio de actitude máis o noso acerto nos triples, fixo quenos foramos no marcador, pouco a pouco no último cuarto, chegando ao resultado final de 41 - 60 a prol do equipo visitante.

C.B Rio Ulla: Alvaro(7);Angel(18);Pablo Senin(18);Victor(-);Eloy(8)--- Pablo Miguéns(2); Rodrigo(3);Roman(4)Jorge()Pablo de Jesus();Alvaro Tubio();Jose Ramon()

No hay comentarios:

Publicar un comentario