Translate

martes, 2 de febrero de 2016

PRIMEIRO PARTIDO DA 2ª VOLTA. 2ª DIVISION CADETE MASCULINA. GIRALDO C.B 40 - EXTRUGASA RIO ULLA 44

Partido correspondete ao incio da segunda volta da liga cadete masculina.

Visitabamos a sempre dificil pista de Castelao, onde en partidos anteriores o Giraldo C.B sempre foi superior ao noso equipo.

Comezaba o partido igualado e con moitos fallos para os dous equipos, non anotando a primeira canastra ata o minuto 5. Pechando o rebote, e logrando canastras con xogadas elaboradas, chegamos ao fin do primeiro cuarto gañando 08-09.

No segundo cuarto, máis do mesmo, unha defensa ben plantexada, logrando roubos de balóns nas primeiras lineas defensivas, e sumando os fallos provocados ao equipo rival, logramos irnos ao descanso gañando 19 - 21.

Logo do descanso, demos un golpe de autoridad, endosandolle un parcial de 04-15, apretando máis nas lineas defensivas, que axudaban a conseguir canastras en contrataque.

No último cuarto, un pequeno arreón do equipo local, fixo que se achegasen ao marcador, a falta de 3 minutos, gañaba o equipo local de 1 punto. Pero nestes momentos, foi cando apareceu a templanza nos bases do equipo visitante ( Pablo e Ángel), que impoñian o noso ritmo, parando o ritmo do equipo local, e facendo xogar a todo equipo con cabeza e con tranquilidad. Unindose a esta tranquilidad, soubemos buscar nos últimos minutos do partidos os tiros e xogadas adecuadas, como por exemplo un gran triple tirado por Román a falta de 1 minuto que nos poñia 4 puntos arriba, logo unha transición rápida de Ángel, logo de roubo remataba en 2+1, poñendonos 7 puntos arriba. O partido entraba nuns 30 segundos emocionantes debido a unha tripla lanzado polo equipo de Vilagarcia que remataba dentro.

Logo dun rebote do noso capitán,  o equipo local fixo unha falta rápida o que nos levou a linea de tiro libre a falta de 15 segundos. Logo de dous fallos e dunha transición precipitada do equipo local rematou o partido co marcador de 40 - 44

Para os cesureños anotaron:

44(18); 22(9); 24(7); 11(4); 13(4); 18(2)


No hay comentarios:

Publicar un comentario