Translate

lunes, 30 de noviembre de 2015

O CADETE FEMININO E O INFANTIL "A" GAÑAN NESTA XORNADA SEUS COMPROMISOS LIGUEIROS


CADETE FEMENINO 2ª AUTON. (6ª xornada)


EXTRUGASA RIO ULLA =52

Sofia (17); Paula (-); Alba (4); Angie (4); Ana (-); Carmen (1); Lorena (-); Andrea (10); Sabela (2); Sandra (14).



CB MECO TAPERIA ALDARA = 34



Partido celebrado en Pontecesures o domingo 29/11.

Parciais: 18 - 11; 14 – 04; 14 – 12; 06 – 07.


Victoria do Rio Ulla cimentado nunha gran primeira metade a pesar do inicio dubitativo que tivo o grupo, pois logo dun 6 a 0 a favor para o Rio Ulla, reaccionan as do Meco que se colocan a 1 punto: 6 - 5. Foi o único momento malo desta 1ª metade, pois estiveron varios minutos sen anotar. Tempo morto das locais e reaccionan coa chegada dos puntos de Sofia e Sandra. Un parcial de 12 a 6 nos minutos fimais do 1º cuarto dalle outra vez unha diferencia ed 7 puntos no final do cuarto. 
O 2º cuarto continuou o partido coas mesmas sensacións: a defensa do Extrugasa era quen de parar o ataque das do Meco, e logomontar contras ou xogar un bo 5x5. O marcador puxose nun 24 a 11 e logo Andrea sumou 2 canastas case consecutivas. As rotacións de xogadoras do Rio Ulla non menguaban o seu xogo, e no final do 2º cuarto as diferencias eran de 32 a 15.
No 3º cuarto as chicasdo Taperia Aldara non se viñeron abaixo, e lograron igualar o cuarto aproveitando varios roubos para anotar en contrataques. Sofia e Andrea eran as anotadoras do Rio Ulla con 8 e 4 puntos respectivamente; e Sabela con 2 completaba a anotación deste cuarto, que as locais ganaban por 2 puntos: 14 - 12.
O último cuarto o partido enfriouse: ambos equipos empezaron a fallar lanzamentos, e o xogo perdeu vistosidade. Un parcial de 6 a 7 a favor das chicas do Meco nestes minutos finais e o partido acabou con ese 52 a 34 que deixa ó Ri oUlla na parte alta da taboa da liga, pelexandopola 3ª praza.
======================================================================================


CAB PONTEVEDRA = 4

EXTRUGASA RIO ULLA = 55

Paula (6); Yaiza (-); Angie (8); Alba (8); Zaira (8); Sabela (6); Sandra (11); Noa (-); Nerea (6) e Marina (2).



Partido celebrado en Pontevedra o sabado 28/11.

Parciais: 25 - 0; 160 144.

Felicitar ás chicas do CAB polo seu partido, pois non se viñeron abaixo logo do 41 a 0 do descanso, e seguiron pelexando na 2ª metade, onde anotaron 2 canastas no 3º cuarto, e logo, co marcador pechado pola diferenza de + de 50 puntos foron quen de anotar varias canastas mais. Con esa mentalidade deportiva mellorarán cara seu futuro deportivo.
O Extrugasa acadou a 5ª victoria noutros tantos partidos e mantense ó frente do grupo B de Arousa unha semana mais. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario