Translate

martes, 24 de noviembre de 2015

AS INFANTÍS "A" DO RIO ULLA PROLONGAN A SUA RACHA GAÑANDO Ó XUVEN NOUTRO PARTIDO CON FINAL AGÓNICO (45 - 42)




INFANTIL FEMENINO 2ª AUTON. (4ª xornada)



EXTRUGASA RIO ULLA “A” = 45

Valeria (-); Paula (3); Yaiza (-); Angie (5); Alba (-); Sabela (10); Sandra (19); Noa (2); Nerea (6)).



Xuven Cambados = 42.

Partido celebrado en Pontecesures o sábado 20/11.
Parciais: 16 - 07; 10 – 13; 04 – 09; 15 – 13.

Este ano o equipo infantil do Rio Ulla acostumbrouse a gañar os partidos sufrindo, pois os 4 partidos disputados ata a data foron moi igualados. Este foi outro  partido con “luces e sombras”, pero non podemos esquecer que son nenas infantís, categoría claramente de formación, e imos ver erros clamorosos e acertos maiusculos neste tipo de partidos igualados e emocionantes.

Outra vez o Rio Ulla saiu no primeiro cuarto moi concentrado á cancha e enseguida colleu as primeiras diferencias ó seu favor no marcador, cun 7 a 2 en 3 minutos tras canastas de Nerea e Sabela, e una tripla de Sandra. A 2ª falta consecutiva levouna ó banco pero o RI oUlla seguía anotando mais que o rival: 12 – 5 a falta de 2 minutos do cuarto, que acabaría cun 16 a 7. Moi boa renda para afrontar os seguintes minutos. A defensa das locais fora determinante no arranque de partido e ó Xuven costoulle anotar.

Nos primeiros minutos do 2º cuarto o Rio Ulla mantivo esa diferencia en torno a 10 puntos arriba; pero mediado o cuarto as do Xuven empezaron a mellorar a súa defensa e o Rio Ulla deixou de anotar tan claro. Ó descanso o marcador era de 26 a 20 a prol do Extrugsa.

No 3º cuarto o partido entrou nunha fase de nervios por parte de ambos equipos. Os ataques acababan en fallos ou perdas ante as defensas de ambas escuadras. Xuven quitou proveito, achegándose ó final do cuarto a 1 punto: 30 – 29.

O partido entrou nuns minutos de máxima igualdade, adiantandose o Xuven por 2 veces, e anotando o Rio Ulla enseguida 2 canastas que as volvían a situar por diante: 34 – 33, a falta de poucos minutos. Nos seguintes 3 minutos o Rio Ulla colleu una pequeña renda de 5 puntos: 43 – 38 a falta de pouco mais de 2 minutos, Sandra puxo o definitivo 45 a 42 a falta de algo menos dun minuto, que foi emocionante, pois o Xuven desperdiciou un ataque tras esa canasta  para acercarse ou empatar, e a falta de 20 segundos o Rio Ulla, con 10 de posesión por xogar perde a posesión. Tocaba defender e o Extrugasa faino sen facer falta, recuperando a posesión a falta de 3 segundos, cun saque de banda no seu propio campo. Perda de balón incomprensible, e o Xuven que tira una tripla para forzar a prorroga, que non entrou.

No hay comentarios:

Publicar un comentario