Translate

jueves, 12 de noviembre de 2015

CADETE MASCULINO : RESUMO DAS PRIMEIRAS 4 XORNADAS


4 partidos, 4 derrotas, pero as sensacións son moi diferentes nos últimos dous partidos.

Comezaron os nosos cadetes, cun equipo mitade cadete mitade infantil, intentando competir nunha liga que cada vez é máis esixente.

O primeiro partido, contra o C.B Vilagarcia, un equipo xa feito, o cal foi moi superior o noso cadete. A semana seguinte, doble partido contra o BBC de Vilagarcia, nos cales xa se viu unha leve milloria, perdendo un 64-36 ( resultado enganoso) e o outro 56-66.

Xa no fin de semana pasado, a actitude do equipo cambio rotundamente, o equipo cadete enfrontábase ao lider da categoria ata o momento, o Estudiantes de Pontevedra, un equipo que o ano pasado militaba en 1º división. Resultado final 63-60, tendo o último tiro para empatar o partido e perdendo nos últimos segundos, xogando a un nivel excelente.

Ao camiño a seguir é este, así que a continuar traballando, pronto chegarán as recompensas.




No hay comentarios:

Publicar un comentario