Translate

miércoles, 11 de noviembre de 2015

AS CADETES GAÑAN Ó CB GROVE (62-42) E AS INFANTÍS A VENCEN Ó ARXIL C NA PRORROGA 860-56)


CADETE FEMENINO 2ª AUTON. (3ª xornada)


EXTRUGASA RIO ULLA =62

Sofia (16); Alba (4); Angie (10); Ana (4); Carmen (-); Lorena (14); Andrea (2); Lara (-); Sabela (5); Sandra (7).



CB GROVE= 42



Partido celebrado en Pontecesures o sábado 07/11.

Parciais: 14 - 14; 17 – 10;  11 – 8; 20 – 10.


Victoria das locais nun partido gris por momentos pero que logo superon reconducir ante un rival que pelexou todoo partido e non se rindiu nunca.

Tras uns inicio de partido onde o Rio Ulla se puxo por diante no marcador, pronto igualan as do Grove a base de entradas “descaradas” ante a frouxa defensa local. Ademais as do Rio Ulla erraban varios tiros fáciles. Neste cuarto tan só anotaron Sofia e Lorena pro Rio Ulla: 6 e 8 puntos respectivamente.

No 2º cuarto a defensa empeza a mellorar, e as rotacións das locais funcionan. Pouco a pouco vanse despegando no marcador e van abrindo brecha. O descanso chégase co marcador de 31 - 24. 
Tralo paso por vestiarios a defensa inda e millor, pero no 3º cuarto apenas hai anotación fluida, Así tras eestes 10 minutos  o marcador era de 10 puntos a prol das locais: 42 - 32.
Un derradeiro cuarto no que o Ri oUlla anotou 20 puntos serviu para elevar a diferencia final ó 62 a 42 definitivo.

======================================================================================



EXTRUGASA RIO ULLA =60

Valeria (-); Paula (-); Yaiza (1); Angie (6); Alba (-); Zaira (4); Sabela (16); Sandra (11); Noa (-); Nerea (16) e Marina (6).



CB GROVE=56



Partido celebrado en Pontecesures o domingo  08/11.

Parciais: 12 - 09; 12 – 12;  18 – 9;  7 – 19. Prorroga 11 - 7.


Victoria das locais nun emocionante e intenso partido resolto na prorroga. As locais dominaron moito tempo o marcador, pero a punto estiveron de pagar caros os fallos en ataque e defensa, que case lles costan o partido. Na prorroga mais do mesmo e os corazóns sufriron ate o derradeiro instante.

Pronto o Extrugasa anotou as primeiras canastas, por medio de Nerea e Sabela, rompendo ben a presión das do Arxil. Pero tamén pronto empezaron xogadoras locais a defender mal, a base de meter a man, e empezar con problemas fde faltas. No final do cuarto 12a 9 a prol das locais.
Nos seguintes 10 minutos a tripleta Sandra, SAbela e Nera seguiron castigando a presión das do Arxil, e con saída a base de pases rompian a defensa a toda pista. O Extrugasa chegou a irse por 8 puntos: 24 - 16, pero nos últimos minutos do cuarto as de Pontevedra melloraron a súa presión, e cun parcial de 0 a 5 achegaronse de novo a 3 puntos: 24 - 21.

Nos primeiro minutos da reanudación o partido continuou igualado (min 25: 30 - 28). O Arxil fallaba tiros, o Extrugasa reboteaba, e logo perdía o balón en ataques precipitados, ou ben en tiros que non eran canasta. 3 canastas consecutivas de Nerea permiten por unha diferencia no marcador de 8 puntos: 36 - 28, faltando 3 minutos do cuarto. As diferencias ampliáronse gracias os puntos de Angie e SAndra, e a que o Arxil apenas anotou 2 puntos ate o final do cuarto: 42 - 30.

Pero o Arxilñ non se rindeu, e foi capaz de recortar eses 12 puntos no ultimo periodo a base de defensa e defensa, o que provocaba precipitacións e malos pases nas locais que perdian numerosos balónpolos nervios do encontro. Ó último minuto do cuarto chegouse cun marcador de 49 - 45 a prol do Rio Ulla, pero as chicas do Arxil foron quen de roubar 2 pelotas e anotar outras tantas canastas para empatar a falta de 11 segundos. O Extrugasa xogou para gañar, pero unha nova perda levou ó partido á prorroga.

 NA prorroga mais emoción. Sandra e Sabela adiantan ó Extrugasa 53 a 51, pero 2 canastas consecutivas do Arxil poñen de novo por diante ás de Pontevedra: 53 - 55. Sabela e Zaira adiantan ás locais 57 a 55 a menos de 2 minutos. Tras errar 2 tiros o Arxil Sabela pon o 59 a 55 no marcador. No último minuto Angie, Sabela e Sandra non anotan nun triple ataque tras rebotear, e aseguir sufrindo...A emoción seguía no partido: a falta de 30 segundos Arxil ten 2 tiros libres ó seu favor, anotando 1: 59 - 56. Sandra anota 1 tiro libre a falta de 7 segundos e se consuma a victoria das chicas de Pontecesures por 60 a 56.

No hay comentarios:

Publicar un comentario