Translate

lunes, 2 de noviembre de 2015

AS CADETES CAEN NO CAMPO DO ARXIL B (38 - 28) E AS INFANTÍS GAÑAN NA VISITA Ó GIRALDO CB VILAGARCIA (48 - 58)

 
 

 
 
CADETE FEMENINO 2ª AUTON. (2ª xornada)
 ARXIL B = 38
EXTRUGASA RIO ULLA = 28
Sofia (12); Alba (2); Angie (-); Ana (-); Carmen (2); Lorena (5); Andrea (-); Lara (-); Sabela (2); Sandra (5).
Partido celebrado en Pontevedra o sábado 31/10.
Parciais: 12 - 5; 13 – 10;  2 – 12; 11 – 1.
Non poideron as do Rio Ulla conseguir a victoria, nun partido dominado dende o inicio polas locais. As do Arxil dominaban o xogo en ambas partes e o 1º cuarto foi de cor local, pois o Extrugasa fallaba tiros fáciles, perdendo o cuarto por 12 a 5.
No 2º cuarto os puntos de Sandra e Sabela  serven para que o equipo empece a sumar, pero a defensa segue  sen ser boa é o descanso as locais gañan por 10 puntos: 25 – 15.
Tralo descanso as chicas do Rio Ulla reaccionan. Defenden moito mellor o xogo das pontevedresas, controlando o rebote. E Sofia por fin encontra o camino do aro. Parcial de 2 a 12 a prol das cesureñas (Sofi 10 puntos) e o Extrugasa logra empatar o encontró a falta dos últimos 10 minutos.
Pero as faltas e o esforzó físico fan que as do Rio Ulla volten a ter problemas de anotación. Faltando 2.30 as do Arxil dominaban 31 a 28. A 5ª falta de Sofi, e varias perdas do Rio Ulla “mataron“ o partido a favor das locais, que acabaron gañando por 10 puntos.
 ============================================================================== 
INFANTIL FEMENINO 2ª AUTON. (1ª xornada)
CB GIRALDO VILAGARCIA = 48
EXTRUGASA RIO ULLA “A” = 58
Paula (-); Valeria (4); Yaiza (1); Angie (11); Alba (2); Zaira (9); Sabela (-); Sandra (20); Noa (2); Nerea (10).
Parciais: 11 - 15; 17 – 13; 12 – 10; 8 – 20.
Bo inicio de liga das infantis do Rio Ulla, que gañaron nun emocionante partido xogado no polideportivo de Castelao en Vilagarcia.
NO primeiro cuarto Sandra con 5 puntos e Angie, con outros 2 adiantaron ás do Rio Ulla no marcador (min 5: 2 – 7). Pero as locais empezaron a adiantar líneas defensivas, co que melloraron en defnsa; e apareceu Carlota Blanco para empezar a sumar puntos para seu equipo. Angie seguía anotando para o Rio Ulla, que chegou ó final do cuarto gañando por 4: 11 – 15.
Iniciase o 2º cuarto e as cesureñas consiguen ter 6 puntos de renda: 13 – 19, grazas a Nerea e Alba Miguens; pero as locais melloran a defensa e o Extrugasa empeza a perder balóns ante a presión. Pouco a pouco as locais se achegan ata que se adiantan 22 – 21 no marcado, cunha boa actuaciópn d Carlota Blanco que levaba nese momento 12 dos 22 puntos. O partido iguálase a partir dese momento, cun intercambio de canastas por ambas partes. Descanso empates a 28.
O 3º cuarto foi mais do mesmo. As canastas se sucedían para ambos equipos. As locais eran as que levaban a “voz cantante” e o Extrugasa non se arrugaba, contestaba a cada canasta con outra. Acaba o cuarto cun emocionante 40 a 38 no marcador.
Entramos no último cuarto, en donde, tras una canasta inicial para cada equipo, nos últimos 8 minutos o partido ten un só cor: o verde das do Rio Ulla. Do 42 – 40 ó 42 a 49. As chicas de Pontecesures se gustaban en defensa, facendose axudas e non concedendo tiros fáciles as locais, para a continuación controlar o rebote e montar contras letais resoltas por Nerea ou Zaira.  E senón estaba Sandra para anotar ou asistir no 5x5 (acabaría con 20 puntos no seu casillero). Eses minutos de gran xogo das do Rio Ulla foron un mazazo para as chicas do Giraldo, que inda que empezaron a anotar canastas, non impediron que o Extrugasa romperá a sua defensa presionante a toda cancha con bos pases e canastas fáciles no outro lado. A victoria xa non peligrou e as chicas de Pontecesures doblegaron  a un bo rival do grupo B da súa liga.  


No hay comentarios:

Publicar un comentario