Translate

lunes, 26 de octubre de 2015

AS CHICAS DO CADETE FEMININO EMPEZAN A TEMPORADA CUNHA VICTORIA ANTE O CORTEGADA CLB L (53 - 41)



EXTRUGASA RIO ULLA = 53
Sofia (28); Alba (10); Angie (4); Ana (5); Carmen (-); Lorena (4); Andrea (-); Lara (-); Sabela (2); Sandra (-).

MARTINS CLB N= 41

Partido celebrado en Pontecesures o sábado 24/10.
Parciais: 9 - 7; 14 – 8;  12 – 10; 18 – 16.

Inicio da liga para a categoría cadete, e o Extrugasa Rio Ulla acadou o 1º triunfo do ano. Estivo baseado na boa defensa individual das cesureñas, e gracias por momentos a un bo xogo colectivo en ataque, onde Sofia aproveitou as ventaxas creadas polo equipo para anotar 28 puntos.

O equipo cesureño apenas disputara 1 partido en pretemporada, e eso se noto una saída do equipo á pista, pois no 1º cuarto costaba anotar. De feito o equipo tiraba moito pero encestaba pouco. Asi o marcador nos primeiros minutos estaba moi axustado (min 5: 4 – 2). Pega un pequeño tirón o Rio Ulla, (8 – 4), pero se igualan as cousas no final do primeiro cuarto (9 – 7). As locais defendían ben, pero non aproveitaban para correr e realizar contras, nin os ataques estáticos para anotar, realizando moitos tiros que non entraban.
Empeza o 2º cuarto e nos primeiros minutos o Extrugasa mantíñase por diante, pero se conseguir despegarse (min 15: 13 – 11). Mediado este cuarto o equipo empezou a xogar un pouco mellor. A buscar anotar en contraataques, ou senón o equipo movía ben e Sofía anotaba. 3 canastas súas consecutivas poñen ó equipo con +8 antes do descanso: 23 – 15.
Nos primeiros 4 minutos do 3º cuarto, e tras varios despistes defensivos, as chicas de Cortegada se sitúan a 3 puntos: 27 – 24. Tras un tempo morto o equipo reacciona e, logra realizar un parcial de 8 a 1 ata o final do mesmo, polo que a diferencia volta a ser algo mais importante: 35 – 25.
No último cuarto ambos equipos saíron a “dalo todo”. Foi o de mais puntos, cun parcial de 18-16. As chicas do Cortegada intentaron rebaixar a diferencia no marcador, pero esta se movía en torno ós 8 ou 10 puntos. Nos minutos finais, e co Cortegada en presión a toda cancha, o Rio Ulla rompe a presión varias veces anotando fácil con boas contras, polo que amplía a diferencia no marcador, entrando no derradeiro minuto 14 arriba.

Unha última canasta das vilagarcianas pon o definitivo 53 a 41, nun bo debut do Rio Ulla, pero onde hai que seguir traballando aspectos do ataque para mellorar, e non  perdoar tantas situación de tiro a canasta.

Gracias a Lara temos unha pequena galería de fotos do partido. Pinchando sobre cada imaxe farase mais grande












No hay comentarios:

Publicar un comentario