Translate

jueves, 19 de marzo de 2015

INFANTIL MASCULINO: C.B. CROVE TURIMARES 65 - EXTRUGASA RIO ULLA 47

Partido xogado o domingo 15. As 17.00h

Arbitros: Escariz, J.M    Martinez, J

Faltas: Equipo local 15 -- Equipo visitante 12

Partido complicado o que se enfrontaba o equipo Cesureño. Parece ser que os domingos para este equipo non é día de partido.

Complicado por qué sabíamos que o equipo do Grove utiliza en gran parte do partido unha defensa zonal que nestas categorias é moi díficil de atacar. Ainda así o primeiro cuarto foi moi igualado, fallos do equipo local e fallo do visitante, que remataban con transicións rápidas tanto para un equipo como para outro.

No segundo cuarto, o Rio Ulla plantexou un bo ataque, pero seguiamos frouxos en defensa, con varios despistes que non nos deixaban acercarnos moito no marcador. Así mesmo, rematamos a primeira parte cun marcador de 30-23.

Pero un mal tereceiro cuarto, cun parcial de 17-07 xa case nos complicaba o partido, ainda así, os rapaces non baixaron en ningún momentos os brazos e pelexaron ata o último segundo do partido.

Resultado final: 65 - 47.

C.B Rio Ulla: Victor (6), Alvaro (24), Rodri (6), Pablo Miguéns (7), Rubén (2) - quinteto incial- Ángel (2), Pablo de Jesús, Jon Ander, Telmo, Lois lorenzo.




No hay comentarios:

Publicar un comentario