Translate

domingo, 8 de marzo de 2015

AS INFANTILES FEMININAS FINALIZAN A LIGA NO 3º POSTO DA LIGA, O PERDER EN SEMIS CO XUVEN, E GAÑAR NA FINAL E CONSOLACIÓN O CORTEGADA L

O equipo infantil feminino "A" 2014-15 está formado por Laura, Ana, Carmen, Sandra, Iria, Angie, Sabela, Andrea e Nerea. Durante a temporada disputaron minutos 4 das alevíns: Yaiza, Paula, Marina e Estela. Os adestradores son Moncho e Fruqui.
Todos eles/as aparecen nesta foto reciente feita no noso pavillón.

Pois ben, a psada fin de semana disputábase a "final four", organizada polo Cortegada CBL no pavillón do Instituto de Carril, eliminatorias entre os 2 mellores equipos de cada un dos 2 grupos da liga arousana. O noso equipo chegou coma 2º do grupo B, tendo que cruzarse co Xuven, campión do grupo A.

SABADO 28.02.15 (SEMIFINAL)

CB XUVEN CAMBADOS = 64

EXTRUGASA RIO ULLA A = 25

Laura (11), Ana (-); Estela (-); Carmen (-), Andrea (2), Sabela (4), Sandra (4), Iria (-), Nerea (-), Angie (4). 

Parciais: 17 - 4; 16 - 7; 19 - 3; 12 - 11.

Chegábase a este partido logo da boa temporada que fixeron estas rapazas, gañando partidos clave ante rivais directos (os 2 Mecos), para amarrar o 2º posto do grupo. Pero xogar ante Xuven, favorito a priori para gañar a liga, coma así foi, ia ser outra cousa... E vaia se foi. A súa superioridade tanto física, coma táctico-técnica, notouse ó longo dos 30 primeiros minutos, coma se pode ver nos parciais dos 3 primeiros cuartos. Sinxelamente "nos pasaron por enrriba". As cambadesas cimentaron o seu triunfo en 3 aspectos: cuna defensa na que as cesureñas naufragaban: pases malos que eran cortados unha e outra vez polas do Xuven, dos que sacaban numerosas canastas sen oposición. E en ataque posicional movian sen prisa o balón buscando o fallo defensivo do Extrugasa. Inda que non metían todos os tiros, inda se facían con numerosos rebotes en ataque debaixo do aro defendido polo Extrugasa Rio Ulla, e esas si eran canastas faciles ó anotar cerca/debaixo do aro.
No último cuarto o adestrador do Xuven co partido xa gañado (52-14) rotou e deu descanso ás xogadoras importantes do seu equipo e eses 10 minutos o partido igualouse nese periodo (12-11).
O Xuven xusto gañador e finalista.

============================================================

 DOMINGO 01.03.15 (FINAL POLO 3º POSTO)

CBL L - PASTELERIAS YOLI = 52

EXTRUGASA RIO ULLA A =56

Laura (27), Ana (6); Estela (-); Carmen (3), Andrea (3), Sabela (3), Sandra (4), Iria (6), Nerea (2), Angie (2). 

Parciais: 7 - 11; 21 - 10; 10 - 14; 14 - 21.

Chegaban a este partido os 2 equipos que habían xogado no grupo B, pois as do CBL L, infantis de primeiro ano, perderon na 2ª semifinal o sabado fronte as "maiores", de 2º ano o CBL Grupo Junquera, por 26 a 51.

Asimilada a derrota do día anterior, o obxetivo era sacarse a espiña ante o CBL L. Así que, coma non foramos quen de gañarlles na liga, sobre todo mes e medio antescando perderamos na prorroga, había ganas de revancha. E o partido tivo unha gran protagonista en ataque: Laura e os seus 27 puntazos, con canastas de todolos xeitos, roubando balóns, en bandexas, 3 triplas de 4 intentos... Neste partido si foi a xogadora ca gran calidade que atesora e o demostrou. Anulou os 23 puntos da xogadora local I. De Angelis, que fixo moito dano cerca do aro.

De entrada, as nenas do Rio Ulla saíron a por todas. Forte defensa que lle permitía roubar e anotar as 3 primeiras canastas a Laura, polo que o Extrugasa colleu as primeiras ventaxas neste cuarto no marcador. O remate dos 10 primeiros minutos gañaban as do Rio Ulla por 4 puntos: 7 - 11.

O partido continuaba, e as diferencias seguian sendo mínimas a prol do Rio Ulla. Así chegamos ós 3 minutos antes do descanso, cun marcador de 19 a 21, con Laura que anotara 2 triplas, tendo que irse ó banco para descansar e previr, pois levaba 3 faltas persoais. Neses 3 minutos as do Rio Ulla perden o Norte e encaixan un parcial de 9 a 0 en contra. Outra vez malos pases, tiros precipitados e pouca defensa. E o marcador que sinalaba un 28 a 21 a prol do Cortegada.

Tras pasar por vestiarios, funcionou a "charla-bronca" dos adestradores. Con Laura sentada, o mesmo quinteto de xogadoras que rematara antes do partido dou un paso adiante en defensa e melloraron... vaia se melloraron. De entrada un parcial de 0 a 8 a favor do Extrugasa poñíanos de novo en ventaxa: 21 - 29. Ben Ana dirixindo e anotando, e logo apareceu Iria neste 3º cuarto, anotando 3 canastas case consecutivas. Pero as locais seguian en partido e tamen facian puntos. Ó remate do cuarto gañaban por 3: 38 - 35.

Con todo por decidirse Laura foi a protagonista novamente. Anotou en 6 minutos, dende que quedaban 8 (42-39 no marcador) ata que quedaban 2, 12 dos 13 puntos que fixo o Extrugasa nese tempo. Incluida unha tripla, cando quedaban eses 2 minutos que nos poñía 5 arriba: 47 a 52. No penultimo minuto as locais anotan 2 tiros libres, pero Ana anota unha boa canasta (49 - 54). Tempo morto das locais, pero non lles serve para remontar. O Extrugasa non se apura cando as locais fan o 51 a 54, e Laura volta a anotar unha canasta que pon de novo o +5 a prol do Rio Ulla. Xa nos ultimos segundoas as locais anotan 1 tiro libre que fai o definitivo 52 - 56. ¡¡¡ 3º Posto na liga !!! (Xusto o día que se cumplían 6 meses dende aquel 1 de setembro que o equipo comezou a adestrar)   

Na final o Xuven impúxose por 57 a 30 ó Grupo La Junquera CBL. Noraboa ó Xuven.

No hay comentarios:

Publicar un comentario