Translate

domingo, 22 de marzo de 2015

AS INFANTÍS DO RIO ULLA INICIAN A COPA ACADANDO 2 VICTORIAS AXUSTADAS NOS 2 PRIMEIROS PARTIDOS


Domingo 15.03.2015

CBL L - PASTELERIAS YOLI = 55

EXTRUGASA RIO ULLA A =57

Laura (16), Ana (4); Mariña (-); Carmen (-), Paula (2); Andrea (4), Sabela (2), Sandra (20), Iria (-), Nerea (-), Angie (9). 

Parciais: 10 - 18; 11 - 15; 15 - 9; 19 - 15.

Hai un refrán que di "os sitios onde foches feliz non debes volver"...
Arrancaba o equipo a Copa diante do rival ó que lle ganara a final de consolación da liga, e outra vez tocaba xogar no seu campo, a cancha de Carril onde ambos equipos xogaron 3 partidos nos 2 ultimos meses moi igualados.

Pois ben, as nosas nenas están crecidas ante o rival, e outra vez se impuxeron, eso si, con outro final de infarto. Non o foi de inicio, cunha saida arrolladora das nosas que fixeron un 1º cuarto moi bo. Baixo a dirección de Laura, Sandra e Angie, ademais da propia Laura, anotaron para dar un tirón no marcador 0 - 8 no minuto 4. As do Cortegada empezan a anotar, sobre todo das 2 xogadoras mais destacadas, a 9 e a 7, e o cuarto finaliza cun 10 a 18 no marcador.

O 2º cuarto tamén foi de dominio visitante. As do Rio Ulla seguían anotando diante, pero eran incapaces de aguantar o xogo interior do Cortegada, polo que as altas do equipo cesureño ( Sabela, Nerea e Andrea) acabaron este cuarto con 3 faltas cada unha. De feito os ultimos minutos os xogaron Mariña e Angie, con elas 3 sentadas no banco. Pero domiñaron o cuarto, coma dicíamos, porque diante Sandra e Angie seguian anotando con certa regularidade. Ó descanso o marcador era favorable ás de Cesures: 21 - 33.

Tralo paso por vestiarios no 3º cuarto as locais sairon a por todas e a pelexar o encontro. Melloraron en defensa e á vez seguian facendo dano dentro da zona defendida polo Rio Ulla. Inda así O Extrugasa seguía por diante. 36 - 42.

O partido entrou nos 10 últimos minutos e as locais acercábanse cada vez mais. Sandra, anotando 9 dos seus 20 puntos neste cuarto, mantíñanos diante. Empate a 53 a menos de 2 minutos. Laura anota unha canasta, tras ter fallado 4 tiros libres seguidos antes. Quedando menos dun minuto Cortegada empata dende a liña de persoal a 55; o anotar os 2 tiros libres a dorsal nº 7. Laura anota que sería última canasta do encontro cando faltaba medio minuto. Cortegada falla na sua xogada posterior, e o Extrugasa faise co balón. Fan un último ataque e tras fallar a canasta, pelexando polo rebote Sandra comete falta no derradeiro segundo, dandolle a oportunidade ás locais de empatar o encontro, Xogada cruel, pero a xogadora local P. Hernández fallou o primeiro tiro libre co cal xa non había posibilidade de empate, e a continuación tamén fallou o 2º, para dedesperación da xogadora e compañeiras.
O refrán co que empezabamos esta crónica non foi premonitorio, e a cancha de Carril voltou a ser escenario doutro bo partido nas nosas nenas.


===============================================================

Venres 20.03.15

EXTRUGASA RIO ULLA A = 40

Ana (2); Carmen (4), Paula (-); Andrea (-), Sabela (4), Sandra (7), Iria (4), Nerea (4), Angie (15). 

 MECO TAPERIA ALDARA = 37

Parciais: 11 - 6; 16 - 12; 3 - 4; 10 - 15. 

2º partido da copa, e 2ª victoria con outro final igualado. As locais acusaron a baixa de Laura, sobre todo na 2ª metade, pero forn quen de levarse o partido, construindo o ataque dende unha boa defensa, que lles permitiu roubar e correr. Esta foi a clave da saida local, que se impoñia no marcador dende o inicio do encontro. Ben a defensa de Ana sobre a base do Meco, que era a organizadora do xogo do seu equipo. Cas canastas de Angie (6 puntos) e Sabela, as locais pegan no 1º cuarto un tirón no marcador: 12 - 6.
No 2º cuarto ambos equipos anotan con algo mais de facilidade, pero o Extrugasa segue forte na defensa, e con 2 canastas consecutivas de Nerea leva o marcador ó 19 - 10 ó seu favor no minuto 14. Carmen anota outros 4 puntos consecutivos e as diferencias se moven nos 7 - 9 puntos para o Extrugasa. Eses 9 puntos serían a diferencia ó descanso: 27 - 18.
Sen chegar a romperse a barreira psicolóxica dos 10 puntos, o Meco métese no partido a base de mellorar a sua defensa. O 3º cuarto e unha sucesión de fallos por parte de ambos equipos. As locais fallan nos pases e nos tiros (moito tiro exterior lanzado e errado). As visitantes, ademais de fallar pases e tiros, cometen varias perdas por pasos. Asi o marcador apenas se move neses 10 minutos (parcial de 3 - 4 para o Meco). O marcador 30 - 22.
E entramos ó último cuarto e o Meco empeza a anotar canastas, e a achegarse pouco a pouco no marcador. Polo Extrugasa Angie, con 3 canastas nestes minutos e a mais destacada. Boa tamén a canasta de Iria á contra faltando 1 minuto e medio, cando o Meco estaba a 2 e con posesión. Roubo das locais e Iria anota unha bandexa que pon 4 arriba ás locais (38-34). Meco anota 1 tiro libre quedando algo mais de 1 minuto: 38 - 35. Angie consegue a última canasta para o Rio Ulla, e rapidamente anotan as do Meco, Colocándose de novo a 3 puntos: 40 - 37. Faltaban 45 segundos e o Extrugasa ataca agotando posesión. Falla pero o rebote e pasa as locais que volven a agotar posesión. E remata o partido.

Agora toca disputar un torneo en Vilagarcia para a vindeira semana, e logo o parón da Pascoa, polo que ata o 2º fin de semana de abril paralícase a competición.

No hay comentarios:

Publicar un comentario