Translate

martes, 27 de enero de 2015

XUNIOR MASCULINO: NOVO TRIUNFO DOS NOSOS (51 - 34), ESTA VEZ ANTE O ESTRADENSE

EXTRUGASA RIO ULLA = 51: David Vieites (4); Uxio Beiró (26); Carlos Costa (-); Sergio Martínez (15); Candido Cabo (-); Oscar Abelenda (2); Alex Baleiron (-); Xacobe Barreiro (2); Samuel Gonzalez (2).

EDM ESTRADENSE = 34.

 Estes son os datos do partido segundo a estadística do mesmo.

Partido dominado no primeiro cuarto polos cesureños, que dende unha boa defensa impedían anotar os estradenses, para logo en ataque resolver cerca do aro con canastas de Uxio e Sergio, acadando un parcial de 16 a 6 nestes 10 minutos. 

Comeza o 2º cuarto e cas rotacións do equipo o xogo dos locais deixa de ser productivo cara o aro do rival,e  unido ó acerto exterior do rival, a ventaxa no marcador foise reducindo pouco a pouco. Así a todo as diferencias ó descanso eran de 8 puntos: 26 - 18.

Peor foi a saida do equipo no 3º cuarto. Uns minutos iniciais onde apenas se anota 1 punto dende o tiro libre, mentras que o Estradense ia anotando canastas. Asi logranse por a 2 puntos mediado o 3º cuarto. Neses momentos, e tras un tempo morto local, o equipo reacciona. Volve a boa defensa e cun par de roubos que terminan en canasta a contra rompen ese parcial negativo. No remate deste 3º cuarto o marcador era de 35 a 28.

E de novo o equipo sae enchufado a disputar os últimos minutos, e 10 puntos seguidos de Uxio, ó que logo se sumou Sergio con outros 6, acadan este resultado que supón a 8ª victoria en 11 partidos para este equipo, inda que agora empezan os enfrentamentos directos ante rivais da parte media-alta. Sin ir mais lexos esta semán toca visita ó Peleteiro de Santiago, que esta xusto por diante na taboa, cunha derrota menos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario