Translate

miércoles, 28 de enero de 2015

INFANTIL FEMININO: ESTA SEMANA 2 DERROTAS. AS DO A CAEN EN MARIN POR 2 PUNTOS, E AS BS ANTE MECO NA CASA.

 
MARIN PEIXEGALEGO = 36

EXTRUGASA RIO ULLA A =34

Laura (8), Ana (4); Carmen (-), Andrea (2), Sabela (4), Sandra (14), Iria (-), Nerea (2), Angie (-). 

Partido difícil o que tiñan as nosas rapazas ante un Marín que foi a mais ó longo da temporada. Ante todo foi un partido moi disputado, con moita igualdade no marcador, pero case sempre as locais por diante 2 a 5 puntos... Un partido deses que forxa xogadoras.

Empezou o encontro, e as locais estaban un pouco mais acertadas cara ó aro defendido polo Rio Ulla, collendo as primeiras diferencias. As claves eran 2: por un lado numerosas perdas da posesión ante a defensa das marineneses: numerosos pases por arriba cortados pola altura das locais. E por outra banda, desaxustes en defensa á hora de defender os cortes e sobre todo á hora de pechar o rebote AS 5 XOGADORAS DO EQUIPO. Sandra, con 6 puntos, evitou que as locais rematasen o cuarto mais distanciadas (10 - 8).

O 2º cuarto foi claramente dominado polas defensas: o 6 - 6 de parcial indica claramente que anotar era misión case imposible. Ninguén regalaba nada atrás. 16 a 14 ó descanso, e todopor decidir.

Novo tirón local, que se vai de 6 puntos, pero o Extrugasa reacciona, e Sabela, Laura e Sandra seguen dando puntos. Gracias a elo o Rio Ulla logra un parcial no cuarto de 10 a 14 ó seu favor, cun resultado no marcador de 26 a 28.

Pero no último cuarto voven as imprecisións en ataque, e as locais conseguen adiantarse de novo. Nun final de infarto o Rio Ulla fallou ate 3 triples no último minuto para adiantarse. A mala sorte de non anotar ningún fixo que a victoria quedara en Marín. A pesares delo, orgullosas por "loitar" o encontro ate o final.

=======================================================================

EXTRUGASA RIO ULLA B =14

Valeria (-); Aroha (-), Naila (-), Zaira (4),Estela (-); Alba Moares (2); Marina (2); Alba Miguéns (-);  Noa (2); Lucia (4); Cristina (-).

MECO TAPERIA ALDARA = 55

Victoria das Grovenses ante un Rio Ulla B que non baixou os brazos en todoo partido, a pesares de que xa no 1º cuarto o rival se impuxo no mesmo por 1 a 13. Pero a irrupción de Lucía no encontro serviu para darlle outro ritmo ó mesmo. Varias contras suas foron canasta dela ou das compañeiras.
O parcial do 2º cuarto mais igualado: 6 - 11.
 O 3º cuarto o parcial tamen estivo algo igualado: 4 a 11 para as do Grove, que fallaban varias contras. No último cuarto as mecas estiveron mellor, tanto en defensa, coma á hora de encastar, dándose un parcial de 3 a 20 para elas, que elevou a diferencia ate eses 41 puntos finais.

No hay comentarios:

Publicar un comentario