Arbitro: Malvar, P. 17 faltas para os locais e 19 faltas para os visitantes. Sen eliminados.
Logo de 2 semanas de parón ligueiro, o equipo infantil volvia a competición. A pesares de estar varias semanas sen xogar, esta falta de competición non se notou no equipo.
Comezaba o partido, co equipo cesureño presionando dende saque de fondo, e complicando así as subidas de balóns do equipo local. Foi un primeiro cuarto, complicado, ningún dos dous equipos conseguia meter canastra fácil. Os visitantes, fallando canastras "fáciles debaixo da canastra", e o equipo local fallando tiros lonxanos do aro. Así mesmo, chegábamos ao final do primeiro cuarto gañando 02 - 12.
Pero xa no 2º cuarto, comezou a carburar o equipo. Rápidas transicións despois de rebote, roubos nas primeiras lineas de defensa ( hai que destacar a gran actuación de Pablo Miguéns e Rodrigo nesta linea defensiva), e os bloqueos e continuación que remataban con tiros fáciles ou con entradas sinxelas. Nos ibamos ao descanso cun marcador a favor de 05 - 32.
Xa no 3º cuarto, máis do mesmo, a actitud defensiva non baixou, e foi medianamente fácil anotar canastra despois de rebote, ou mediante sinxelas bandexas. Fin do terceiro cuarto 11 - 53
No derradeiro cuarto, o equipo local non baixou os brazos e consiguiu anotar 17 puntos en contra dos 20 dos cesureños. Así rematabamos o partido cunha victoria máis, e cun resultado de 28 - 73.
Hai que descatar, en xeral a boa actuación de todo o equipo.
Extrugasa Rio Ulla: Barral, A (16); Fernández, R (14); Hernaiz, A (18); Miguéns, P (15); Morrison, F (6)--- Tubio, V; De Jesús, P ; Hernando, J (2), Tubio, A (2), Lorenzo, L
No hay comentarios:
Publicar un comentario