Translate

domingo, 18 de enero de 2015

INFANTIL FEMININO: BOA VICTORIA DAS "AS" ANTE O MECO TALLERES RUCO; E DERROTA NUN BO PARTIDO DAS "BS" ANTE CORTEGADA

Os equipos infantís do Rio Ulla o dia que se enfrentaron entre eles.
 

EXTRUGASA RIO ULLA A =64

Laura (18), Ana (4); Carmen (4), Andrea (2), Sabela (10), Sandra (8), Iria (2), Nerea (2), Angie (14). 

CB MECO TALLERES RUCO = 32

Parciais: 23 - 6; 13 - 12; 12 - 6; e 16 - 8.  

Partido disputado en Pontecesures ante un dos 2 equipos do Grove, e curiosamente chagábamos a esta xornada un triple empate os 2 equipos do CB Meco e nós, con 6 victorias e 3 derrotas. 

Pois ben. Tendo na mente que alá perderamos contra este equipo por 16 puntos (42 - 26), pois naqueles momentos de inicio da temporada o equipo tioña 2 baixas, este era o momento de demostrar que estábamos xogando a un bo nivel.
E vaia si se demostrou, trala canasta inical do Meco, no resto do cuarto o parcial ffoi de 23 a 4. Foron 10 minutos onde o grupo demostrou que esta nun bo momento de forma. E todo parteu dende a defensa, cunha semipresión que lle permitia recuparar balóns e anotar á contra. Ou cando as grovenses chegaban arriba, defender as suas entradas e cortes, reboteando despois. E no ataque estático paciencia e saber buscar á compañeira desmarcada. Ademais entraron varios lanzamentos exteriores, que inda que eran de dentro do triple, rompian a defensa meca. Así chegamos ó final do cuarto cun 23 a 6 no marcador.

As diferencias incrementáronse no 2º cuarto froito desa presión a 3/4 de cancha, onde Laura era a punta da defensa, labor moi importante a que realizou, ademais de ser a máxima anotadora do equipo un día mais. O ataque rival quedaba condicionado pola presión a que era sometido. No minuto 15 o marcador estaba nun 29 a 9, logo dunha moi boa entrada a canasta de Carmen, quen superou a 2 defensoras marcando os 2 pasos da entrada e lanzando o balon logo dunha rotación do mesmo. Bo xesto técnico, e a diferencia que se ia ós 20 puntos. Logo o equipo despistouse durante o resto do cuarto, e houbo un momento de baixon na intensidade defensiva, que lle permitiu ó rival xogar mais cerca do noso aro, anotando á 1ª ou ó 2º intento, pois tampouco pechábamos ben o rebote. Parcial de 7 a 9 neses minutos finais do 2º cuarto e o marcador que era de 36 a 18.

Tralo paso por vestiarios o equipo voltou a funcionar defensivamente: No 3º cuarto Meco só foi capaz de anotar 6 puntos, por 12 do Rio Ulla. Unha bagoa varias boas accións que acabaron en bos lanzamentos, pero que non entraron. 48 - 24 ó final do cuarto.

O equipo quería mais e con esa mentalidade afrontou os últimos 10 minutos. Sabela e Angie anotando cerca do aro, ou ben Laura tras roubo e o partido acabou co marcador de 64 a 32 para as locais. Destacar que as 9 xogadoras foron quen de anotar neste partido. 

Agora toca preparase para o difícil partido da vindeira semán en Marín, ante o Peixegalego.








=======================================================================

CORTEGADA CLB L = 55

EXTRUGASA RIO ULLA B =20

Valeria (2); Aroha (-), Naila (-), Zaira (6), Paula (4); Alba Moares (4); Yaiza (-); Alba Miguéns (2);  Noa (-); Lucia (2); Cristina (-).

Parciais: 22 - 4; 17 - 4; 4 - 2; 12 - 10.

O partido rompeuno pronto o Cortegada presionando as nosas xóvenes xogadoras, o que lles permitia roubar e anotar soas debaixo de canasta, e non deixándolles tirar cómodas as de Pontecesures.  De feito varios bos lanzametos foron taponados pola maior altura das do Cortegada. COn este panorama chégase o fin do 1º cuarto 22 a 4.
Ahi a adestradora local retira a presión e manda defender a media pista. As cesureñas teñen mais oportunidades de chegar á canasta rival, pero fallan varios lanzamentos, e as locais seguen anotando relativamente fácil. 39 - 8 ó descanso.
Na 2ª metade o partido igualouse mais. No 3º cuarto as defensas impuxéronse claramente ós ataques, e tan so Zaira, das mellores do equipo, foi quen de anotar neste cuarto.
Xa no ultimo cuarto tivemos ocasión de ver varias boas accións das nosas que foron quen de anotar tantas canastas coma nos outros 3 cuartos. Parcial de 12 a 10 para un partido desenvlvido de xeito totalmente deportivo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario