Translate

domingo, 21 de diciembre de 2014

DERROTA ABULTADA DOS XUNIORS NA VISITA Ó LIDER INVICTO FONTIÑAS A (89 - 34)


FONTIÑAS A = 89 

EXTRUGASA RIO ULLA = 34: David Vieites (10); Uxio Beiró (10); Carlos Costas (-); Sergio Martínez (7); Candido Cabo (-); Oscar Abelenda (2); Alex Baleiron (-); Xacobe Barreiro (2); Samuel Gonzalez (3).

O equipo santiagués é o líder merecido desta liga no grupo compostelán, polo nivel de resultados, que, visto o visto ante o noso equipo, acompaña de un gran nivel de xogo tamen, segundo o levan demostrando ó longo desta primeira volta. 9 victorias noutros tantos partidos.

De entrada os locais sairon mais enchufados ó partido, 3 rápidas accions tras recuperar a pelota, mais unha tripla, en pouco mais de 1 minuto de partido, puxeron un 9 a 0 moi fácil no marcador. Tempò morto pola nosa parte e Uxio e Sergio anotaron 2 canastras consecutivas. Pero os locais non se durmiron e seguian encestando, ben en rápidas contras, ou ben tras rebotear seus propios tiros. Ó final do 1º cuarto o marcador era de 17 - 9.

Esas foron as suas armas: correr, e buscar lanzamentos cómodos á canasta. E sobre todo o REBOTE DE ATAQUE. un equipo non pode deixarse coller en defensa por parte do rival tantos rebotes coma fixeron onte os do Fontiñas. O noso equipo tocou fondo no 2º cuarto ó encaixar un parcial de 24 - 4, que deixaba o partido sentenciado: 41 - 13.

Tralo descanso os primeiros minutos do 3º cuarto foron esperanzadores. Si se reboteou en defensa, e ademais o equipo ata correu ó contrataque. 3 canastas consecutivas, 2 de David, e 1 de Uxio, poñian o 41 a 19 no marcador. O equipo local pide tempo e axusta a defensa, presionando a media cancha. Ahi se acabou o partido. Un gris Sergio perdíase e perdia a posesión de balón, ó caer nas trampas da presion. Esto supoñía encaixar varias contras nestes minutos finais do cuarto que elevaron a diferencia no marcador. A esto hai que unirlle o cansancio e as faltas a varios compoñentes do equipo, tendo que facer rotacións. Un parcial de 27 a 4, dende o minuto 24 ó 30 elevaba o marcador ó
68 - 23 co que rematou o 3º cuarto.

O último continuou pola mesma senda, co que o parcial voltou a ser favorable ós locais que non afrouxaron a defensa en ningún momento.

Certo é que o noso equipo acusou un baixon de ritmo por lesións e estudos, adestrando moi pouco nas últimas semanas. A temporada estaba sendo boa, con 5 victorias e tan só 2 derrotas ata a de onte. Derrotas por 2 e 3 puntos ante bos rivais na liga, e nos seus campos.

Agora toca mirar para adiante, adestrar mais, e por fin a esta 1ª volta gañando na casa ante Noia este sabado 27, o partido aprazado hai 3 semanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario