Translate

domingo, 21 de diciembre de 2014

OS 2 EQUIPOS INFANTIS FEMININOS ENFRENTANSE DE NOVO; ESTA VEZ NO INICIO DA 2ª VOLTA DA LIGA.

As participantes no partido deste sábado.

EXTRUGASA RIO ULLA A = 64

Laura (20), Ana (4); Carmen (2), Andrea (6), Sabela (6), Sandra (10), Marina (6), Nerea (4), Angie (6). 

EXTRUGASA RIO ULLA B = 13

Yaiza (4), Valeria (2), Aroha (-), Cristina (-), Naila (-), Zaira (-), Estela (2),  Paula (1), Alba Moares (4).

Parciais: 12 - 04; 18 - 01; 12 - 02, 22 - 06.

 Do partido pouco imos comentar. Decir que as Bs botan en falta ás lesionadas Alba Miguéns e Noa, as catalizadoras do xogo deste equipo; levando varias xornadas que son suplidas polas alevíns Yaiza e Paula, que o están facendo moi ben. Onte participaron tamen outras 2 alevíns no partido: Estela e Marina, que tamén aportaron cousas durante o encontro.

Dito esto, o partido seguiu o guión establecido. A maior calidade dun dos equipos decidiu o encontro, nun partido que foi rápido; e non houbo que destacar nada malo por parte de ningunha xogadora. Todas deron o que puderon, con erros e acertos. Non esquezamos que son equipos da categoria infantil, e de todas as da foto, tan só 3 son de 2º ano, polo que para o resto, esta é a sua 1ª temporada en campo grande, con balón "de maiores" e lanzando a canasta tamen senior. 

Decía antes que non houbo que destacar nada malo, e agora aproveito para sinalar algo bo: A deportividade na cancha. Compañeiras de adestramentos, no partido rivais, que ante unha caida se axudaban a levantarse unhas a outras... Coma ten que ser.

E a outra cousa boa, e por iniciativa dos pais/nais, foi o "pincho de Nadal" co que obsequiaron ás nenas e adestradores ó remate do encontro. Serviu para que as rapazas pasasen un rato xuntas facendo grupo.

A seguir adestrando en Nadal. ¡¡¡ BOAS FESTAS !!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario