Translate

domingo, 21 de diciembre de 2014

INFANTIL MASCULINO: SIGALTEC BBC 53 - EXTRUGASA RIO ULLA 56

Partido xogado o día 21 as 12:00 en Fontecarmoa 2

Árbitros: Rivas, D; Abalo,C ( 19 faltas locales e 25 aos visitantes) Rodri e Franco eliminados con 5 faltas.

Outra vez comenzaba o C.B Rio Ulla mal o primeiro cuarto, cunha defensa case nula, deixa penetracións hacía canastra fáciles para o equipo local, que remataban en 2+1.

Ao final do primeiro cuarto, gañaba o equipo local 16-10.

Pero no 2º cuarto, a actitud defensiva e en ataque cambio, o C.B Rio Ulla subía a sua linea defensiva, e roubaba balóns que remataban en canastras fáciles, contraataques, nas que tamén sacabamos falta. Cabe mencionar neste cuarto o gran traballo, tanto en ataque e en defensa de Victor, Rodrigo e Ángel. (30-31)

Xa no 3º cuarto, as pantasmas do 1º aparecian de novo, mal en defensa e tiros ben tirados que non querían entrar, a parte de desicións arbitrais máis que discutibles, iamonos ao último cuarto gañando de 1pto.

E chegamos ao último cuarto, cun final que ia ser emocionante. A falta de 5 minutos, Franco e Rodrigo salen do campo con 5 faltas. O continuo intercambio de canastras non nos favorecia, así faltando 10segundo o equipo local tivo a tripla para empatar o partido, pero o resultado final foi      53 -56 a prol do Extrugasa Rio Ulla.

Para o C.B Rio Ulla xogaron: Pablo(3), Ángel(30), Franco(1), Jon Ander(-), Rodrigo(18) -- Telmo(-), Joel(-), Lois(-), Rubén(2), Álvaro Tubio(-), Victor Tubio(2)


No hay comentarios:

Publicar un comentario