Translate

miércoles, 26 de noviembre de 2014

XUNIOR MASCULINO: PERDEMOS ANTE LASALLE POR 2 PUNTOS (52 - 50), FALLANDO A TRIPLA FINAL QUE NOS HABRIA DADO O PARTIDO.

LASALLE de SANTIAGO = 52

 EXTRUGASA RIO ULLA = 50: David Vieites (10); Uxio Beiró (18); Sergio Martínez (12); Candido Cabo (-); Oscar Abelenda (4); Alex Baleiron (2); Xacobe Barreiro (-); Samuel Gonzalez (4).

 De novo os mesmos erros que hai quince dias ante Obradoiro, e que se resumen en 2: perdas que fan dano, o non anotar e recibir canastas; e sobre todo esta vez un porcentaxe moi baixo de tiros libres, que fai que os mellores xogadores deixen de anotar mais de 12 puntos dende a persoal.  
Asi, nun partido igualado, con ventaxas mínimas para ca da equipo, perder mais desa ducia de puntos dende o tiro libre dalle ventaxa ó rival para estar no partido.
No primeiro cuarto o Rio Ulla logo de ir domiñando o marcador, acabando 16 a 13, gracias en parte ó acerto de Uxio, pero vendo coma os locais lle daban a volta ó marcador.. O 2º cuarto é mais igualado, con mais fallos por ambos equipos. Anotase un parcial de 8 a 8, chegando ó descanso 3 abaixo: 24 - 21.
No 3º cuarto o equipo sae mais concentrado, e cun parcial de 2 a 13 collen unha renda de 8 puntos: 26 - 34. Os locais apretan e conseguen reducir a diferenza ate o 37 - 39 co que se pechaba o cuarto, e onde os fallos en tiros libres eran protagonistas nos minutos finais do mesmo.
Xa no último cuarto, o Rio Ulla desaproveita un par de posibles contras pra anotar, precipitándose logo Sergio ó lanzar a canasta. Chegase ós minutos finais perdendo de 2, e Uxio descentrase ó pitarlle falta en ataque por 2 veces consecutivas. Abandona o campo e os locais poñense 5 puntos arriba a falta de 3 minutos. Pero cunha tripla de David reduce as diferenzas a 1 punto faltando 1 minuto. O marcador 51 a 50. Recupera o Rio Ulla a posesión e a Sergio esbaraselle o balón da man, perdendo a posesion. Logo os locais anotan 1 tiro libre, con 6 segundos. Por último Sergio falla o lanzamento triple que significaria a victoria.

No hay comentarios:

Publicar un comentario