Translate

miércoles, 26 de noviembre de 2014

RESULTADOS DOS 2 EQUIPOS INFANTIS FEMININOS: AS "A" GAÑAN NUN MAL PARTIDO; AS "B" SAEN DERROTADAS PERO CUNHA BOA IMAXE


EXTRUGASA RIO ULLA B =12

Valeria (4) Aroha (-), Naila (-), Estela (2), Alba Moares (4), Yaiza (2), Alba Miguéns (-), Cristina (-), (Zaira (-).


MECO TALLERES ROUCO = 67

As mozas do equipo B seguen combatindo, non se renden á hora de xogar este ano. Saben que cada partido é difícil, pero saen ó campo a dalo todo, e eso é destacable e admirable, pois xogan o basket que teñen. 
Neste partido empezou o Meco co seu quinteto mais potente e enseguida se foi no marcador (0 10  no min. 5). As grovenses apretaron todo o primeiro cuarto e deixaron o marcador en 0 a 25.
Lexos de virse abaixo, as nenas de Cesures seguian xogando, e Estela consegue anotar a 1ª canasta no 2º cuarto. Logo anotaría outra Valeria, chegando o descanso 4 - 37.
No 3º cuartoas do Grove anotaban menos puntos, tan só 12, pero polas locais so o facía Valeria de novo 6 - 49
Os mellores momentos foron os do 4º cuarto, onde as locais seguiron intentando pelexar cada balón e transformalo en canasta. Tanto Zaira, coma Alba Miguéns creaban situacións de ventaxa, que finalizaban con asistencias para as compañeiras. Alba Moares, Yaiza, e de novo Alba Moares anotaron así as suas canastas neste cuarto, que cun parcial de 6 a 18 finalizaba co resultado de 12 a 67. 
 
===============================================





ARXIL D = 23

EXTRUGASA RIO ULLA A =32

Laura (5), Carmen (-), Andrea (5), Sabela (6), Sandra (4), Iria (4), Nerea (-), Angie (8), Marina (-).



Malo o encontro xogado en Pontevedra polas nenas do Ri oUlla. As imprecisións no s pases, con perdas difíciles de entender, e de fallos en canastas solas debaixo do cesto local, deixaron unha pobre impresión neste encontro.
E iso que o partido no 1º cuarto comezou ben. Sobre todo dende a defensa, onde só encaixaron 2 canastas, pero en ataque xa costaba anotar: 9 puntos nada mais. Enseguida no 2º cuarto chegaron ós 13 puntos, grazas a 2 canastas de Iria, pero nese momento o equipo en ataque perdeuse de todo. Asi durante 5 minutos, e co marcador en 6 a 13, ningún dos 2 equpos foi capaz de anotar.. Tivo que romper a racha negativa Angie anotando 2 puntos mais antes do descanso: 6 - 15.

Pero na 2ª metade lexos de mellorar, no 3º cuarto empeorouse, ademais de non anotar, con fallos en tiros debaixo de canasta, estando soas, empezaron a defender mal, deixando que as locais gañaran o cuarto por 7 a 4. (marcador 13 - 19).

Xa no último cuarto Laura anotou unha tripla e unha bandexa que lle dou ó equipo un +11, entrando a continuación nun intercambio de canastas que non lle serviu ás locais para achegarse, e que pechou Sandra cunha canasta e 2 tiros libres que lle diron a victoria.

Din os que saben desto que "o que non pode ir peor, so pode ir a mellor..." Esperemos que o equipo entrene millor e xogue mellor baloncesto que o amosado este pasado sabado en Pontevedra. Son capaces de facelo millor, so lle falta creelo (e adestrar para elo). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario