Translate

domingo, 30 de noviembre de 2014

INFANTIL MASCULINO: VICTORIA POR 58 - 62 ANTE O ESTUDIANTES DE PONTEVEDRA

Partido disputado este domingo, as 10.00h na cidade de Pontevedra.

Arbitros: P.Marval e L.A Rivadulla. 18faltas locales e 18 faltas visitantes

Desplazábase o equipo cesureño até a cidade de Pontevedra, coa baixa do alevin Lois, e coa recuperación dun dos nosos capitáns, Álvaro, que anteriormente estaba lesionado. Tamén foi baixa de última hora Pablo Miguéns, debido a un proceso febril.

Comezou o equipo cesureño moi enchufado no partido, logrando canastras en contraataque e elaborando xogadas que remataban con tiros de media distancia anotados por Franco neste primeiro cuarto. Quedando o resulado a favor dos cesureños de 9 - 21.

Pero no 2º cuarto veuse a tónica do que iba ser o partido, o que a priori se vía como un partido sencillo, volveuse en complicado. O equipo local, cunha grandisima defensa presionante, logrou robar moitos balóns que remataban en canastras fáciles, a parte de provocarnos pérdidas precipitadas. Ainda así logramos irnos ao descanso co marcador de 19-33.

Pero no 3º cuarto os erros incrementáronse, a defensa volveu ser moi intensa por parte do equipo local, e xuntando os tiros precipitados, e os balóns perdidos, a parte de graves despistes defensivos do equipo cesuresño fixo que o equipo local lograse  un parcial de 23-12, rematando ó 3º período 42-45 a favor dos cesureños.

E para rematar, no último cuarto, certo é que o equipo cesureño soubo romper a defensa presionante logrando cargar de faltas ao equipo local, e logrando transicións rápidas que remataban en canastras. Chegamos aos últimos 30segundos gañando de 2puntos, unha falta recibida de Ángel que meteu o 2 tiros libres e un importantísimo rebote de Rodri, fixo que remataramos o partido sufrindo máis do previsto e cun marcador favorable de 58-62.

Para o C.B Rio Ulla xogaron e anotaron: A.Barral ( 14 )1p; JA.Hernando( 6 )3p; R.Fernandez(8 )3p; A, Hernaiz(22 )4p; F.Morrinson( 6 )3p-- J,Miguens(2) 1p; V, Tubio (2)1p; P. De Jesus ; T.Portas 2p; A.Tubio; R.Freiria(2)

No hay comentarios:

Publicar un comentario