Translate

martes, 18 de noviembre de 2014

RESULTADOS DISPARES DOS 2 EQUIPOS INFANTIS FEMININOS. O "A" GAÑA A MARIN, MENTRAS QUE O "B" SUFRE UNHA DURA DERROTA NO GROVE.

MECO ALDARA CAFE = 79
EXTRUGASA RIO ULLA B = 3
Marina (-), Aroha (-), Estela (-), Alba Moares (-), Yaiza (8), Alba Miguéns (2), Noa (1), Cristina (-) e Naila (-).


Dura a derrota recollida polas nosas rapazas do equipo B. Non tanto polo resultado final, senón porque os puntos anotados non se corresponderon co esforzo das rapazas á hora de atacar, fallandose entradas á canasta, ou ocasións claras debaixo do aro local. Non se hubera ganado o encontro, pero a diferencia sería un pouco menor. 
Pero as rapazas intentáronno os 40 minutos, ante un rival que defendía moi forte atrás, os metros finais da pista, e que se aproveitaba de ter 2 xogadoras moi altas que facían moito dano na zona defendida polo Extrugasa. Ver ás nosas xogadoras cando acababan o partido todas cansadas e coloradas, logo do esforzo realizado indicounos que non se renderon e pelexaron. Hai que seguir adestrando e esforzándose para mellorar.
 

===============================================


EXTRUGASA RIO ULLA A = 47
Laura (6), Carmen (4), Andrea (6), Sabela (4), Sandra (11), Iria (2), Nerea (-), Angie (14).

MARIN PEIXEGALEGO = 27
Partido no que a defensa do equipo foi de menos a mais. Se no primeiro cuarto as rapazas do Extrugasa anotaban, tamén o facían as marinenses. Así cuns bos minutos de Sandra que anotara 3 canastas case sonsecutivas, chegouse á falta de 5 segundos do 1º cuarto (12 a 10 no marcador), momento no que Laura, que reaparecía logo de estar lesionada 1 mes, anotaba unha tripla que poñía o 15 a 10 no electrónico co que se pechaba o 1º cuarto.
No 2º cuarto as defensas impoñianse ós ataques e tan só se anotaron 6 puntos para cada equipo nos 10 minutos. O descanso a ventaxa era de 5: 21 - 16.
Foi no 3º cuarto cando o equipo, outra vez ben dirixido por Carmen, conseguiu encontrar boas opcións de tiro que aumentaron as diferencias no marcador. 14 a 7 de parcial, e o resultado era de 35 a 23, faltando o último cuarto.
Nos últimos minutos o equipo sigueu defendendo ben, e os puntos de Angie (9 puntos en 13 minutos) e Sandra, ampliaron as diferencias no electrónico ata os 20 de diferencia ó final do tempo regulamentario. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario