Translate

martes, 18 de noviembre de 2014

XUNIOR MASCULINO: O EXTRUGASA VENCE POR 60 A 56 Ó COMPAÑIA DE MARIS NUN DISPUTADO PARTIDO E CON EMOCIÓN Ó FINAL.



EXTRUGASA RIO ULLA = 60: David Vieites (5); Uxio Beiró (24); Carlos Costas (-); Sergio Martínez (18); Candido Cabo (-); Oscar Abelenda (4); Alex Baleiron (5); Xacobe Barreiro (-); Samuel Gonzalez (4).
COMPAÑÍA MARIA de SANTIAGO = 56 
Parciais: 12 - 9; 16 - 12; 13 - 7; 19 - 28.

Emocionante partido o disputado entre dos dos aspirantes a estar nos postos de arriba da liga xunior no grupo de Santiago de Compostela e comarca.

8 puntos de Uxio no primeiro cuarto deron as primeiras ventaxes ós locais, que foron por diante dende o inicio, sempre cos santiagueses cerca no marcador.
Continuaba o partido a ser dominado polos locais, e descansando Uxio no banquillo, foron Vieites, Sergio e Baleiron os que sumaban puntos para que o Extrugasa seguira dominando o encontro: 28 - 21 ó descanso.
Novo arreón no marcador, grazas os puntos de Uxio e Sergio, e os locais que superan a barreira dos 10 puntos de diferencia. Ademais seguian aguantando sen ter moitas faltas en contra (fin do 3º cuarto: 41 - 28). 
E no ultimo cuarto o Extrugasa mantiña a diferencia nos 10 - 12 puntos, ata que a falta de 3 minutos a adestradora visitante ordena presión á desesperada. Pouco a pouco comezan a recortar a desventaxa no marcador, sobre todo porque os locais fallaron numerosos tiros libres tralas faltas que facía a defensa visitante: 4 de 14 tiros libres, mais unha canasta tras rebote de Oscar serviron para que Compañía se quedara sen tempo e non poidera darlle a volta ó encontro: 60 - 56, e o equipo segue na 3ª praza, empatado co 2º, cunha soa derrta tras disputar 5 encontros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario