Translate

viernes, 21 de noviembre de 2014

ALEVÍN FEMENINO: C.B. DORNA 45 VS EXTRUGASA RÍO ULLA 55


Iris (-), Gabriela (-), Sara V. (2), Yaiza (13), Sara I. (-), María (12), Adriana (6), Marina (6), Nerea Romero (-), Estela (14) e Nerea Ríos (-). Foi baixa Paula.

Parciais:
07-15
10-14
12-06
02-10
02-02
12-08

Segundo partido de liga para as nosas alevíns e primeira victoria.
Empezaba o partido de cara con un parcial de 0-8 pero con fallos en ámbos equipos nos tiros e nas posicións defensivas. Primeiro cuarto gañado 07-15.
O segundo período foi  máis igualado. Os dous equipos acertados de cara ó aro, conseguindo canastas cómodas.
O terceiro período foi malo para as visitantes e polo tanto, primeiro período perdido. Moitos balóns perdidos, tiros mal tirados e sen xogo en equipo.
Comeza o cuarto período con pequena vantaxe para o Río Ulla 24-35 e foi a partir de aqui cando o partido se gañou con unha boa defensa de todo o conxunto. Neste cuarto as xogadoras locais só conseguiron unha canasta e non tiraron máis xa que as xogadoras do Río Ulla posicionábanse ben no campo e non permitin os tiros de Dorna. Remata o cuarto con un 31-45.
O quito período foi unha continuación do terceiro pero con pouco acerto noso nos tiros. So se anotaron 2 canastas en todo o cuarto, unha para cada equipo (33-47).
O sexto período e último empezou con superioridade para o Rí Ulla e chegaron a máxima vantaxe do partido (18 de deferenza). As rotación para dar minutos fixeron que os últimos minutos das visitantes foran desorganizados e con canastas fáciles para as xogadoras da Illa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario