Translate

domingo, 23 de noviembre de 2014

Derrota por 47-70 do infantil masculino fronte ao Meco

Partido disputado na tarde do domingo no polideportivo de Pontecesures.

Enfrontábase o C.B Rio Ulla ao único equipo que ata o momento foi capaz de gañar ao lider da categoria, e ademais disto, o equipo sufriu unha baixa de ultima hora, dun dos capitáns, Alvaro, debido a unha escordadura de nocello.

Ainda así, o equipo comezaba con esforzo o partido, algo despistados e frouxos, tanto en defensa e en ataque, malas deccisións de tiro e fallos debaixo da canastra que resultaron en contrataques  do equipo do Grove. Así, chegamos ao final do primeiro cuarto cun marcador de 8 - 20.

Xa no 2º cuarto a intensidade defensiva, aumentou, debido as rotacións que houbo no equipo, pero ainda así nos seguian faltando puntos en ataque. Un gran ritmo en defensa fixo que puideramos correr e acabar en canastra. Final do segundo cuarto 18-40

No 3º cuarto, a intensidade defensiva foi a nota a destacar, roubando moitos balóns e non deixando anotar canastras fáciles ao equipo do Grove, que débido a sua superioridad en físico e altura, dominaba os rebotes, logramos chegar ata a barreira dos 30 puntos (31-58).

Xa no último cuarto as rotacións volveron a ser necesarias, o intercambio de canastras continuaba, destacando unha tripla marcada por Pablo, e varios contraaquetas formandos por Ángel, chegabamos ao marcador final de 47-70.

Cabe destacar a gran actuacións dos xogadores alevíns que forman parte do noso equipo infantil, ( Joel, Jon Ander, Lois e Álvaro), este último logrando 2 canastras no partido.

A seguir traballando, e como din polo mundo futbolístico, partido a partido.

Para o C.B Rio Ulla xogaron : A.Barral(21), J.Ander, R.Fernandez(4), P.Miguéns(11), F.Morrison(5)- J.Miguéns, V.Túbio , P.De Jesus, T.Portas, A.Tubio(4), L.Lorenzo, R.Freiria(2)

No hay comentarios:

Publicar un comentario