Translate

lunes, 24 de noviembre de 2014

Partido Benxamín do Sabado 22-11

Na 3ª xornada de liga, o Río Ulla enfrontábase ao Peixe galego de Marín no polideportivo de Pontecesures.

O encontro xa comezou de cara aos visitantes cun 1º periodo bastante malo dos rapaces do Río Ulla (4-10), proseguido cun defensivamente horrendo 2º cuarto por parte dos locais (6-18), que seguían sen espertar no 3º periodo (13-24); sen embargo, a segunda metade do encontro foi moito mellor comparada coa primeira (tanto ofensiva como defensivamente). O 4º cuarto comezaba cun asovallamento dos azuis (13-32), pero a cousa cambiou no 5º periodo grazas aos continuos roubos de balón en defensa e as anotacións da xogadora 
nº9 do Río Ulla, Carmen, e do nº 10, Mariña, chegando ao último cuarto co marcador 23-36. O último cuarto foi total e absolutamente decisivo no partido, xa que os verdes puxéronse a 6 puntos quedando 2 minutos para rematar o encontro; por sorte para os de Marín, un erro defensivo nos locais cortaba esa racha anotadora e rematando o partido 32-38 para o equipo visitante.

Anotadores:
-Mateo: 0 pts.
-Tomás: 0 pts.
-Brais: 0 pts.
-Carmen: 14 pts.
-Mariña: 12 pts.
-María: 0 pts.
-Laura: 0 pts.
-Julia: 3 pts.
-Lorena: 3 pts.

No hay comentarios:

Publicar un comentario