Translate

lunes, 17 de noviembre de 2014

VICTORIA DO INFANTIL MACULINO FRENTE AO XUVEN DE CAMBADOS

Partido corresponde a 4ª xornada da 2ª división infantil masculina.

Partido dificil dende o principio, o Xuven, presentabase con unha superioridad física e de altura considerable. Pero grazas, a unha boa defensa e unhas boas decisións en ataque, o C.B Rio Ulla íase para o 2º cuarto gañando 20-13.

A partir do 2º cuarto, a superioridade fisica do Xuven, notouse, gañando os rebotes, e sacando canastras ben elaboradas, o que fixo que se marcharan gañando ao descanso 29- 32.

Xa no 3º cuarto, máis do mesmo, o C.B Rio Ulla non encontraba a forma de conseguir canastras, debido a boa defensa desplegada por Xuven e polo dominio do rebote defensivo. 40-48

Xa no último cuarto, Xuven logrou a maior ventaxa do partido, gañando a falta de 5 minutos para o final por 10 puntos. Pero neste intre, foi cando o C.B Rio Ulla esforzouse ainda máis en defensa, presionando a todo campo e roubando balóns que remataban en contraataque, sacando faltas para ir ao tiro libre, e o máis importante, pechando o rebote defensivo. Co que o resultado final foi: 60 - 57 para Extrugasa Rio Ulla.

Importante victoria, que marca o linea que na que hai que seguir traballando. Bo partido.

Para o Extrugasa Rio Ulla xogaron: Barral,A(17)2p, Tubío, V(-), Fernandez, R(10)3p, Hernaiz, A(25)3p, Miguen, P(4);-- Miguens, J; De Jesus,P 1p; Hernando, JA(2), Portas,T; Tubio, A, Lorenzo,L, Freiria, R (2) 1p.

1 comentario:

  1. Parabens ós infantis polo emocionante triunfo acadado este domingo, logo de remontar 10 puntos no último cuarto.

    Asi de paso comprobo se se poden poñer comentarios...

    ResponderEliminar