Translate

lunes, 3 de noviembre de 2014

AMPLAS DERROTAS PARA OS 2 EQUIPOS INFANTÍS DO EXTRUGASA RIO ULLA, DIANTE DO CBL L, E DO ARXIL D

EXTRUGASA RIO ULLA A = 33
Paula (4), Estela (-), CArmen (5), Andrea (2), Sabela (6), SAndra (14), Iria (-), Nerea (-), Angie (-)   

PASTELERIAS YOLI CBL L = 75

Partido dominado dende o principio polas rapazas do Cortegada, que presionaron nos primeiros minutos e pouco a pouco foron collendo distancia no marcador. O final do 1º cuarto o marador era de 4 a 18. No 2º cuarto, o partido equilibrouse algo mais, con Paula e Sandra anotando canastas, chegando ó descanso 12 - 32.
No 3º cuarto as de Cesures fixeron os menores minutos do partido, e foron capaces inclus de gañar ese cuarto 17 a 16. (29 - 48).
Pero de novo as visitantes elevaron o tono defensivo, e coa presión funcionando de novo fixeron un parcial de 4 a 27 que deixou o marcador no definitivo 33 a 75.
Bo toque de atención para as rapazas de Cesures que teñen que sair mais concentradas a este tipo de partidos se queren ser competitivas.

==============================================================

CB ARDIL D = 56

EXTRUGASA RIO ULLA B = 10
Paula (2), Valeria (-), Aroha (2), Naila (2), Estela (-), Alba Moares (-), Yaiza (2), Alba Miguéns (-), Noa (2), Cristina (-).

Amair altura das locais decantou este encontro dende o inicio. Se ademais de deixar que collan rebotes sen molestalas, non se defenden as entradas a canasta, pasou o que reflaza o marcador. Dominio claro das do Arxil que se impuxeron en cada cuarto. Tan só o 2º cuarto foi algo mais equilibrado, pois se anotaron 3 das 5 canastas que o equipo conseguiu. Pero a lesión de Alba Miguéns que se torceu o nocello, fixo que o equipo volvera a estar perdido á hora de atacar a defensa das pontevedresas.

Ambos equipos teñen marxe de mellora e a semana por diane para adestrar e demostralo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario