Translate

jueves, 30 de octubre de 2014

ANTIA VARELA, XOGADORA CADETE DO NOSO CLUB, CONVOCADA POR 2ª VEZ A ADESTRA NA PRESELECCION GALEGA CADETE

A principios de Outubro Antia Varela foi convocada por 1ª vez a adestrar ca preselección galega cadete feminina, entrenamentos celebrados o pasado 11 de outubro na Estrada, e o 12 en Noia, para preparar o campionato de España 2014-15, que se celebrará nos vindeiros meses.

Pois ben, hai uns días o CB Rio Ulla recibiu unha nova convocatoria para que a nosa xogadora acuda de novo a adestrar xunto con outras 15 xogadoras galegas nesta fase preparatoria desde campionato. Será esta vindeira fin de semana, tanto o sabado coma o domingo, no polideportivo da Estrada a onde Antia acudirá para os novos adestramentos.

Antia posando ca convocatoria da Federacion Galega.
¡¡¡ Sorte Antia !!!

1 comentario: