Translate

lunes, 12 de mayo de 2014

ALEVIN MASCULINO CAMPIÓNS DE COPA AROUSA II



RESULTADO:

Marín PeixeGalego 37  -  Extrugasa Río Ulla 44


DORSAIS:

nº 4 Lois - 2 puntos
nº 5 Raul - 4 puntos
nº 6 Alvaro - 0 puntos
nº 7 Jon Ander - 7 puntos
nº 9 Rodrigo - 19 puntos
nº 10 Telmo - 2 puntos
nº 12 Pablo Miguens - 4 puntos
nº 14 Franco - 4 puntos


PARCIAIS POR PERIODOS:

1º  7 - 8
2º  4 - 19
3º  7 - 0
4º  3 - 6
5º  11 - 2
6º  5 - 9

CRONICA:

Categoria: Alevin Masculino.
Grupo: COPA AROUSA II
3º Partido da 2ª volta

Pavillon: A Raña (Marín)
Data/Hora: 11/05/2014 - 10:00


"Final" entre os 2 equipos mais fortes. Unha victoria deixaba campión o Río Ulla, unha derrota por menos de 6 puntos facianos depender de nos mesmos tendo que gañar os 2 partidos restantes.

O partido comezaba moi ben para o Río Ulla, pois poñiamonos 0-6 no marcador nos primeiros minutos, pero un par de erros en defensa provocaban o 7-8 final neste primeiro periodo.

Comenzaba o segundo periodo, e unha presión moi ben feita por parte do Río Ulla provocaba que os de Marín perderan moitos balóns cerca da sua canasta que remataban en canastas faciles para os nosos rapaces facendo que nos foramos no marcador ata o 11-27.

Os rapaces miraron o marcador e relaxaronse, e aí comezou o noso calvario.

Marín, vendose contra as cordas puxo presión a toda pista, e xunto cun árbitro un pouco permisivo que non tivera moito traballo ata o momento, fixeron que comezaran os nervios nos rapaces do Río Ulla. Provocando que o adestrador tivera que pedir un tempo morto cando ainda non transcorrera un minuto no marcador. Comezou asi a sair ben da presión o Río Ulla, pero a defensa moi intensa dos nenos de Marín, provocaba perdas no ultimo pase e malos tiros que non entraban facendo que PeixeGalego recortara diferencias no marcador. 18-27

O descanso chegou no mellor momento dos de Marín, e eso veunos moi ben. Tomamos aire e aclaramos ideas.

Volvemos a facer a nosa presión moi ben, pero PeixeGalego seguia defendendo moi intenso tamén e este periodo convertiuse nun "corre-calles". Marín por veces rompia a nosa presión pero erraban as entradas, o Río Ulla conseguia chegar a canasta Local, pero perdiase o balón no último momento ou facianse malos tiros, e asi este periodo dominado polas defensas provocou un parcial 3-6 deixando no marcador un 21-33.

Comezou asi o 5 periodo. Marín vaciouse en defensa rozando o limite da legalidade en moitas accións, creando desesperación nos nenos do Río Ulla, que xunto coa expulsión de Franco neste periodo, provocaba moitos nervios nos nenos Cesureños. Outro tempo morto, e intentar "capear o temporal" neste periodo para sair con todo no derradeiro. O parcial 11-2 facia que PeixeGalego se vira con opcións de levarse o partido 32-35.

Comezaba o 6º e derradeiro periodo. Os dous adestradores sacamos a artillería e fomos a polo partido. Seguian as defensas intensas e un parcial 5-2, deixaba o partido empatado a falta de 2 minutos para o remate. Os nenos de Marín, non acostumbrados a tanto desgaste físico viñeronse abaixo,e un parcial de 0-8 deixaba o marcador en 37-44 favorable o Río Ulla.

Final do encontro e C.B Rio Ulla campión de Copa Arousa II.
Un gran partido contra o que durante todo o ano foi un gran rival o Marín PeixeGalego.

NORABOA A TODOS OS NENOS.

Un equipo que comezou o ano a ver que pasaba e que remataron sendo campións de Liga e de Copa.
Un equipo con varios nenos que xogaban por 1ª vez o basket e tendo que completarse con un benxamin (Lois, que cumpleu con sobresainte) todos os partidos por falta de efectivos, e pola lesión de Abel.
Un equipo con un comportamento exemplar de cara ós rivais e ós árbitros durante todos os encontros.


Agora faltan todavía 2 partidos, que temos que ir a xogar con todas as ganas de gañar do mundo, para seguir aprendendo e mellorando como equipo e individualmente.

.

2 comentarios:

  1. Enhorabuena a los Campeones!!!!!!

    ResponderEliminar
  2. Felicidades por este título, e polo moito e ben que traballastedes toda a temporada.

    ResponderEliminar