Translate

lunes, 12 de mayo de 2014

ALEVIN FEMININO: NUN PARTIDO DE MOITAS IMPRECISIONS O EXTRUGASA RIO ULLA GAÑA Ó ARXIL B POR 49 A 24

DOMINGO 11/05/14. 10 H. PAVILLÓN DE PONTECESURES

EXTRUGASA RIO ULLA AMARELO = 76
Laura (10); Valeria (-); Aroa (4); Angie (10); Alba (-); Noa (2); Nerea (6); Sandra (3); Zaira (-) e Sabela (14).

CB ARXIL B = 24 

Parciais: 8 - 6; 13 - 2; 8 - 5; 4 - 0; 6 - 8; 10 - 03.
 
Partido de moitas imprecisións no que o Extrugasa gañou pola maior calidade, que non polo mellor xogo, pois onte as nosas amarelas parecian todavía dormidas (ou asombradas de que unha "muller barbuda" gañase Eurovisión a noite anterior, polos comentarios das rapazas na rolda de quecemento).
O caso e que empezou o partido e o Extrugasa empezou defendendo ben. En 5 minutos as do Arxil so anotaran a canasta inicial, mentras que para o Extrugasa Laura levaba anotadas 3 canastas: 6 - 2.
Pero o equipo neste tramo final do periodo veuse canso, perdendo o ritmo en defensa. Non roubaba, e encaixaba un 0 a 4 que poñía o marcador en empate a 6. Menos mal que Sabela anotaba nos segundos finais para irse 8 a 6 diante no marcador.
O 2º set foi un calco do primeiro. Os 5-6 primeiros minutos foron moi ben xogados, con acerto no tiro e boa defensa: logrando un parcial de 10 a 0 para o Rio Ulla, gracias a 2 triplas e 2 canastas de Sandra e Angie; pero cuns minutos finais onde o baixon físico do equipo deixaba xogar ó rival. Un parcial neses minutos finais de 3 a 2 e o Rio Ulla que ia no marcador 21 - 8.
O 3º periodo seguiu sendo favorable ó Rio Ulla: 8 a 5, e o descanso o marcador parecía inalcanzable pois domiñana o Rio Ulla 29 - 13.
O periodo 4º foi moi frouxo. Tan só 2 canastas de Angie e Sabela nos 8 minutos. O Arxil non era capaz de anotar, e se chagaba o descanso 33 a 13.
Pouco acerto no seguinte periodo: 3 canastas de Nerea, Laura, e Noa, frente a 4 das de Pontevedra. Parcial de 6 a 8 e o marcador: 39 - 21.
 No último parcial SAbela con 8 puntos e Nerea con outra canasta anotaron 10 puntos para o Rio Ulla, mentras que o rival so logrou outros 3. 49 - 24 ó final e este partido (ó contrario do da semana anterior na Illa lembrarase coma unha victoria sen ritmo).

PD: A todo esto da igual quen gañe Eurovisión... Se equipo chega cansado, por non dormir as horas suficientes a noite anterior, non está listo para competir ó 100 %.   

12 comentarios:

  1. Vaia ca crónica...menos criticar ós/ás cativos/as e máis traballar, como cativos/as que son vanse divertir (xogando a baloncesto ou vendo eurovisión) a súa parte fana moi ben... a ver si podemos dicir o mesmo do clube.
    Inculcarlle valores, compañerismo, paixón polo deporte e respecto polos estudos ós/as rapaces/as e traballo do clube e podian empezar por entrenadores que berran sin xeito durante os partidos, que insultan nos entrenos, que teñen xogadores/as no banquiño todo o partido ou outros que sentan ós/ás da súa categoría e xogan os/as de categorías inferiores.
    Nin os rapaces/as nin os pais/nais se comprometen cun clube que non se compromete nin ca deportividade nin co compañerismo.
    P.D. O importante non é gañar (ainda que nos guste) sinon aprender...e por certo hai categorias que non merecen nin a crónica do seu partido nin aparecer nos horarios desta páxina, ahí temos respecto e igualdade.

    ResponderEliminar
  2. É moi facil criticar dende o anonimato, sen dar a cara. Cada entrenador fai a cronica do seu equipo. Aqui ninguen exclue a ninguen, os entrenadores teñen vida aparte de entrenar @s nen@s, non viven desto. Adestrar, ir ós partidos e colgar as cronicas aqui fano gastando o seu tempo e os seus cartos porque esto NON É O MADRID cun presuposto de 200 millons. Asi que inda por riba non critiques.
    Os xogadores que xogan será porque o merezan sexan da categoria que sexan.
    Este comentario cheirame a pai resentido, ou ó tipico que fala sin ter nin idea por non estar calado.

    Por certo EU si poño o meu nome: PEDRO PIÑEIRO RODRIGUEZ.
    DANDO A CARA.

    ResponderEliminar
  3. Para o comentario "Anonimo nº 1". Limiteime a facer, coma fago dende que quixemos relanzar esto do blog, unha crónica do que pasou nun partido xogado este pasado domingo as 10 da mañá. ¿Que a ti non che parece ben que "critique" que as nenas viñeran a xogar non o suficientemente descansadas? Pois moi ben. Pero dende o puntode vista do seus responsables neses momentos (os adestradores) esas nenas, que viñan de xogar na Illa un partido de alto ritmo o sabado anterior, nun ambiente onde a temparatura era moi superior, co cal o cansancio podia ter aparecido antes, e non pasou. E avi e pasa o dia des pois de Eurovision. Mira ti si as conocerei, que na rolda de quecemento lles preguntei a todas a que hora se deitaran, e case todas manifestaron despois da medianoite, por ver Eurovision. Logo renderon o que renderon, e á 4ª carreira estaban afogadas. Repito, logo de ter xogado na Illa o partido que xogaran 8 dias antes ( e aqui aproveito para decirche que as 10 nenas eran as mesmas ). Todo o que che conto ben a conto do de "Inculcarlle valores, compañerismo, paixón polo deporte...". Se un deportista non descansa o rendemento vai ser peor, coma quedou demostrado unha vez mais, este pasado domingo. E calquera adulto que tivese visto ambos partidos dariase conta do que estou a falar, coma se dou conta o árbitro, que curiosamente era o mesmo colexiado que o do partido da Illa, e que este dia no descanso preguntoume que que lle pasaba as rapazas, que o outro dia correran moito mais...
    Unha vez aclarado esto pola milña parte, e coma teu comentario aproveita a miña cronica para introducir outros elementos de debate, tan so decirche que nin este e o foro, nin estas son as maneiras. Se tes algunha queixa concreta que dar podes dirixirte A CALQUERA DOS 7 MEMBROS DA DIRECTIVA, que tes a ben coñecer, ou ben FACERTE SOCIO/A, SE NON O ERES, e na ASAMBLEA ANUAL EXPOÑER LIBREMENTE AS TUAS QUEIXAS.
    Non valoro o resto que dis, pq non debato con "fantasmas".
    José Rodriguez.

    ResponderEliminar
  4. PD*: Este club medrou nos ultimos anos. Pasou de ter 2 equipos hai 12 anos, a ter 11 equipos de diferentes categorias. Por algo será. Se os rapaces non o pasaran ben, recibiran insultos por parte dos entrenadores (cousa que me parece pouco probable) non virian a xogar nin adestrar.

    Inculcar valores, respeto polos estudos etc etc... É TRABALLO DOS PAIS.
    Os entrenadores non son profesores... SON ENTRENADORES, polo tanto entrenan como xogar ó baloncesto con respeto polos demais e divertindose. PERO A EDUCACIÓN HAI QUE TRAELA DA CASA, QUE NON SE OLVIDE ESO.

    ResponderEliminar
  5. Sin ánimo de polemizar co comentario de "anónimo", quero dar o meu apoio a toda a directiva, cordinadores e adestradores/as por perder o seu tempo desinteresadamente cos nosos fill@s e felicitalos pola súa boa labor. E como di unha das miñas fillas: "Fruqui, eres un carck".

    ResponderEliminar
  6. Jueves, 17 de abril de 2014
    CUMPLINDO O PROMETIDO!!
    ...
    " Todos os berros do ano valeron para que hoxe puideramos pasar un bo rato todos xuntos fora dos pavillóns."
    ...
    PEDRO PIÑEIRO RODRÍGUEZ
    DANDO A CARA

    "Dende o punto de vista dos seus responsables neses momentos (os adestradores)"...
    Son nen@s, neste caso nenas de 11 ANOS os seus responsables son seus pais...e tamén á hora de durmir, non é xusto falar así de nen@s, son nen@s e fan o que lle mandan ou lle permiten seus pais.
    Gústame que se fagan as crónicas, que se poñan os horarios e os resultados...o único que non me gusta é o ataque nesas crónicas ós rapaces.
    Hai críticas para todos...na pista hai xogadores/as e entrenadores/as...uns siguen sendo nenos e pagan seguro, cota e desprazametos e os outros son adultos e, aínda que non se gane a vida con esto, tamén van porque lles ten conta.

    ResponderEliminar
  7. (Noelia) A verdade e que xa me tardaba en que chegase un personaxe a intentar perxudicar o clube. Entón, baixo o teu punto de vista, nas crónicas so podemos poñer que ben o fan e non poñer os erros dos nenos? Eso sería como se un dos seus mestres lle entregase un exame sen correxir e sen nota... de que serviría? Entrando no que pos de que están pagando cuota pois posmo moi fácil. Ti cres que PAGANDO alguén iría a disgusto a algún lado? Lóxicamente non, e menos nos tempos que corren.
    E por último, comentando o de berrar. Pedro máis eu quizáis somos os máis berróns do clube pero nunca xamáis lle faltamos o respeto a ningún xogador, e menos con insultos. O porcentaxe de abandono dos nenos que empezan é realmente baixo. A maioría absoluta dos que proban, quedan con nos durante anos. Están moi agusto e pasandoo ben.
    Berrona e esixente como son tenme pasado algo curioso, chegar o vestiario despóis dunha primeira parte mala e que as nenas che digan: "Noelia necesitamos que nos berres para espabilar." Esas mesmas nenas levan conmigo 5 anos e tanto elas coma min tamos moi conformes xuntas, con todo o que acarrea.

    Sin máis, despidome de ti e invítote a que deixes de disfrutar con nós. Este ano o C.B. Río Ulla está gozando dunha temporada histórica e realmente impresionante. Nos vamos a seguir disfrutándoo, ti ainda non estás preparado.

    ResponderEliminar
  8. Se os exames se corrixen na escola, os partidos corríxense nos vestiarios e nos entrenos...non nunha páxina web do clube
    E agora unha de sobervia "...invítote a que deixes de disfrutar con nós..." disfrutamos cos nos@s fill@s e mentres lles aplaudimos e tamén lles berramos, criticamos ós adestradores... non disfrutamos con vós DISFRUTAMOS C@S NOS@S

    ResponderEliminar
  9. (Noelia) jajajaja agora moitos exames corrixense online. Hai que modernizarse jeje. E se pensas que fru fixo esa crónica para atacar ou criticar a estas nenas é porque realmente non coñeces a fruqui... Segues sendo anónimo, e eu con esto acabo e tampouco falo con fantasmas. Sabes quen somos nos, se tes algo que decirnos estamos tamén para escoitar e dar explicacións a pais indignados.
    P.D. Se nadie se pon de entrenador acabouse o disfrute de todos. Pensa, reflexiona e xa me contarás.... bye

    ResponderEliminar
  10. Cumplindo o prometido
    ...
    Ese foi un detalle que quixen ter cos rapaces do meu equipo PAGANDOO EU DO MEU BOLSILLO
    ...
    Deixando eso aparte. Por se non o sabes, as fichas dos adestradores tamen costan cartos QUE OS PAIS NON PAGAN, anda e ir ós partidos nos seus vehiculos, anda e ir o pabellon ós adestramentos.
    Osea q un entrenador esta gastando cartos do seu bolsillo durante todo o ano!!! e inda x riba ven un individuo a dar clases de que?? de civismo?? non me fagas rir.
    É inxusto que se fale asi dos nenos, é inxusto q axa 4 millons de parados no país, é inxusto que chova cando queremos sol... A vida é inxusta amig@ DESCOÑECID@.

    Creo, (non o sei porque non hai forma de medilo) que son o entrenador que mais berra e mais lle esixe ós rapaces. Pero tamen hai unha cousa curiosa. Agora mesmo, no equipo senior, hai un rapaz ó que eu adestrei de pequeno. Un día aí atras, doume as gracias. Porque grazas a ser esixente con el agora pode ser un xogador do equipo senior.

    Que eu sepa, (dentro da miña ignorancia) a ningun nen@... repito... A NINGUN NEN@ SE LLE PON UNHA PISTOLA NO PEITO PARA QUE XOGE O BASKET. Se veñen, é porque queren, porque eu dende logo EU NIN NADIE DO CLUB OBLIGA A NINGUEN.

    VOUCHE DICIR OUTRA COUSA A VER SE CHE QUEDA MOI CLARA.

    COMO DIXO FRUQUI, ESTE NON É NIN O SITIO NI AS FORMAS DE FACER O QUE ESTAS A FACER.

    OS MERCORES DE 5:30 A 7 E OS VIERNES DE 4:30 A 5:45 TESME NO PABELLÓN, DISPOSTO A DARCHE O PORQUE DE CALQUERA DAS MIÑAS DECISIÓNS.

    DITO ESTO. SE QUERES, VES A QUEIXARTE DANDO A CARA FRENTE A FRENTE, NON COMO ANONIMO NUN BLOG QUE É PARA CONTAR COMO FORON OS PARTIDOS OU ACONTECEMENTOS DO CLUB.
    PORQUE QUE EU SEPA AINDA NON COMEMOS A NINGUN PAI/NAI DISCONFORME COA NOSA MANEIRA DE ACTUAR.

    ASI QUE ALI ESTAREI ESPERANDO POR TI. NON VOU VOLVER A CONTESTAR UN COMENTARIO TEU NESTE SITIO MENTRES SIGAS ESCRIBINDO COMO ANONIMO.

    PEDRO PIÑEIRO

    ResponderEliminar
  11. (Antonio) Me gustaría dar mi opinión en esta polémica que se ha creado. Y antes que nada, responder a lo que considero más grave, que son las acusaciones de que se insultan a los jugadores. No me consta de ningún entrenador que lo haya hecho. Sí es verdad que nos acercamos a las funciones de un profesor. Enseñamos la forma de practicar este deporte, haciendo uso de una pedagogía que vaya en consonancia, junto con valores asociados al deporte y vinculados a unas normas que garanticen un buen funcionamiento colectivo. Evidentemente no todos somos iguales; unos gritarán más o menos, otros harán las cosas de una forma u otra. El límite siempre es el respeto, uno de los valores que se tratan de inculcar a las niñas y niños. Y si, estoy de acuerdo que el niño viene y tiene que divertirse. Es lo que todos intentamos y pretendemos que se consiga. Pero eso también conlleva responsabilidad y compromiso por parte de los jugadores y jugadoras. La crónica de Fruqui, desarrolla como fue el encuentro y da un "tirón de orejas" a las jugadoras. Se puede discrepar que ésta sea pública o privada- ya que ambas son formas diferentes que cada uno tiene de hacerlo-, pero ha reflejado sólo hechos de lo ocurrido. El saber encajar las críticas (justificadas), forma parte del mundo del deporte - tanto para jugador@s como entrenadores-, y el saber superarlas nos hará evolucionar y ser mejores.
    Un saludo a todos.

    ResponderEliminar