Translate

martes, 13 de mayo de 2014

Partido Benxamín mixto 11-5

O domingo 11 de maio enfrontábamonos ao Xuven de cambados nun partido dominado por eles de principio a fin sen darnos opcións á remontada.

No 1º periodo víanse claras as intencións do equipo visitante de tomar as rendas do partido dende o comezo do encontro; sen embargo, non quedaron moi claras esas intencións ao final do cuarto cun resultado de 5-9 ao seu favor, pero no 2º cuarto ocorreu a ecatombe e a dominación total cun parcial de 0-12 ao seu favor e entregándolle xa case a victoria, cousa que se corroborou sen duda ningunha no 3º periodo cun parcial de 2-23 e que nos levaba ao descanso cun marcador de 7-44. Sabendo xa que o partido estaba decantado do seu lado, uns 4º, 5º e 6º periodos remataron cos parciais de 6-7; 9-6 e 6-16,
dando un resultado final de 28-72 a favor do Xuven.

Os anotadores do noso equipo foron Lois con 13 ptos (6 canastas e 1 TL), Pilar con 6 ptos (3 canastas), Noelani con 4 ptos (2 canastas), Carmen e Mariña con 2 ptos cada unha (1 canasta) e Julia con 1 pto (1 TL).

Agora a polo noso próximo rival e a seguir.

1 comentario:

  1. A pesar da derrota, o equipo dou moito máis a cara ca no partido de ida, no que non tivemos nin opción a botar, polo que ánimo e a entrenar duro para seguir mellorando. Creo sinceramente que este grupo de nenos ten moito potencial. Un saúdo.

    ResponderEliminar