O día 22 de febreiro o equipo benxamín visitou Marín para enfrontarse ao Peixe Galego nun partido do que tomamos as rendas no 1º periodo; sen embargo, a diferenza antoxabase maior durante todo o partido debido á grande cantidade de erros nos tiros e nas entradas a canasta. Finalmente, o resultado rematou 18-37 para o noso equipo.
Cabe destacar o gran partido realizado pola dorsal 5, Estela, xa que utilizou a súa altura para anotar 8 canastas (16 dos 37 puntos anotados polo equipo); un triple e unha canasta anotadas polo dorsal 7, Tomás; 6 canastas da dorsal 9, Carmen; unha canasta do número 11, Lois; e para rematar, a canasta dunha das máis pequenas, Lorena, co dorsal número 15.
Aquí podedes observar a clasificación do equipo:
http://www.fegaba.com/xornada/
No hay comentarios:
Publicar un comentario