ARXIL C = 19
EXTRUGASA RIO ULLA = 40
Ana Cabo (2); Yaiza (8); Sara (-); Marina (4); Mariña (2); Adriana (-); Paula (10); Alba Moares (6); Ana Enrique (8)
No 1º periodo o Extrugasa Rio Ulla logrou impedir que as do Arxil anotasen canasta en xogo. As locais so anotaron 1 punto, a base de deender e rebotear. Outra cousa era o ataque do Extrugasa: malos pases e malos tiros coma tónica nestes 8 minutos iniciais. Anotou Marina 2 de 4 en tiros libres, e Ana Cabo 1 canasta en xogo. Resultado: 1 - 4 para o Extrugasa Rio ulla.
Sairon a disputar o 2º tempo as chicas do Rio Ulla ca lección aprendida. Continuou a boa defensa que logrou deixar en 0 puntos ó equipo do Arxil, e en ataque se moveu mellor a pelota. Yaiza anotou 3 canastas, unidas ás que anotaron Ana Enrique e Paula Laiño fixo que se acadase un parcial de 0 a 10 neste 2º período. O tanteador era de 1 a 14.
No 3º tempo achegaronse as locais, cun parcial de 8 a 4, gracias á sua xogadora número 10, autora desas 4 canastas. A súa altura superou á defensa do Extrugasa. As canastas de Mariña, a benxamin que foi onte coas alevíns, e de Paula deixaban o marcador ó descanso nun 9 a 18 para o Extrugasa.
No 4º período o partido apretouse mais. A xogadora local co dorsal 9, anotou 4 puntos consecutivos , mais outra canasta a pase seu dunha compañeira supuxo un parcial de 6 a 0 que achegaba ás locais a 3 puntos: 15 a 18. Alba anotou na seguinte xogada, e logo Yaiza anotou otra canasta mais, para deixar o marcador nun 15 a 22.
Empezaba o 5º período cunha nova canasta de Paula, pero logo o Arxil anotaba 2 seguidas: 19 a 24. Pero Paula primerio cunha canasta, Ana Enrique con 3, e Marina, con outra, logaron un novo parcial de 10 a 0 que deixaba a vantaxe en 15 puntos: 19 a 34.
No último cuarto Arxil non foi capaz de anotar, e o Extrugasa con 2 canastras de Alba Moares e 1 de Paula puxeron o definitivo 19 a 40 no marcador.
No hay comentarios:
Publicar un comentario