Translate

domingo, 23 de febrero de 2014

2ª DIVISIÓN INFANTIL MASCULINA. SIGALTEC-2001 -- EXTRUGASA RIO ULLA

Partido xogado o sábado 22, as 18h no polideportivo de Fontecarmoa 2.
Arbitro: J.Gil. Faltas locales(18)- Faltas visitantes(14) 1Antideportiva.

Partido disputado ata o último cuarto, onde o Extrugasa Rio Ulla, baixou a intensidade defensiva, e permiteu penetracións fáciles a canastra, faltas de tiro, e un par de triples do BBC, que deixaron a victoria cara o lado do equipo local.


Comenzou o C.B Rio Ulla, perdendo o primeiro cuarto ( 15-07 ), debido ao gran acerto dende as medias distancias do equipo local, doblando sempre o balón, logo de penetración, e buscando tiros a 4 metros.

A partir do 2º cuarto, o Rio Ulla incrementou notablemente a súa defensa, logrando transicións rápidas, debido ao acerto no rebote defensivo. Álvaro (22ptos) foi o reflexo destas transicións, roubando balóns en cada ataque, que acababan en bandexa, ou en falta e tiros libres. Parcial ( 12-16). Chegando ao descanso 27-23.

O 3º cuarto, máis do mesmo, o Rio Ulla seguia coa intensidade defensiva, e a parte os fallos nos tiros do BBC propuxeron contras rapidas que acababan en canastra. Parcial de ( 8-13). Chegando ao último cuarto: 35-36.

Pero neste último cuarto, todo o bo que fixera o equipo visitante, veuse abaixo. Falta de actitude defensiva, fallo solos debaixo do aro, faltas concedendo 3 tiros libres, a parte do gran último cuarto que fixo o BBC ( metendo 3 triplas case consecutivas). Parcial( 20-12)

As númerosas perdas de balóns, os tiros fallados debaixo do aro, propuxeron a derrota nunha cancha dificil. 55-48.


Haberá que traballar moito, para poder mellorar nos próximos partidos. Hai que destacar o gran partido realizado por Anxo, defensivamente e en ataque. Un claro exemplo para o resto do equipo.

Para o C.B Rio Ulla xogaron: Ángel (4), Toffic (4) 2P, Anxo(4)2P, Alvaro(22)3P, Eloy(8)4P- cinco inicial- Rodri(-)1P, Victor(-)1Antideportiva, Rubén(-)1P, Aaron(-), Lois(4)1P.


No hay comentarios:

Publicar un comentario