Baixo as órdenes de Peñaño, tan cascarrabias coma sempre, varias das chicas integrantes do equipo "Electrónica Couselo - Cesures" que xogaron federadas xunas 3 temporadas: da 99 - 00 á 01 - 02 nas categorias cadete e xunior; reuníronse onte no polideportivo de Pontecesures, a súa casa durante esas 3 temporadas varias das integrantes daquel equipo:
Vivi, Isa, Merchi, Cris, Mª Jose, e Estela. Achegaronse a xogar un partidillo contra as actuais seniors do club.
As risas e recordos, a nostalxia dironse un paseo pola pista tras 15 anos alonxadas.
Este foi o primeiro de moitos partidos de Nadal máis. Eso non quita que algun día se lle faga a homenaxe que se merecen, coma as primeiras mulleres do club nos máis de 30 anos da súa Hª.
Foron sen dúbida as que abriron o camiño para as posteriores xeracións, e co seu paso adiante contribuiron a que o basket crecera en Pontecesures.
Fotos da sesión:
Peñaño comprobaba no calentamento que pese ós anos que pasaron
Tamén participou o futuro do clube
E con este xesto daba comezo outro gran momento da historia deste clube
PROXIMAMENTE INTENTAREMOS XUNTAR A TODO ESE EQUIPO DE PIONEIRAS DO BALONCESTO NESTE POBO PARA OUTRO PARTIDO
.
No hay comentarios:
Publicar un comentario