Translate
miércoles, 10 de junio de 2009
Fin de tempada
Xa que a nosa base sempre estivo peleando por chegar a final a 4, ( caso do equipo infantil masculino ), e como no caso da copa, estivemos a porta de ter a todos os equipos na final, pero so puido ser o infantil femenino.
Agora queda planificar os equipos para o ano, con xente que chega e xente que se vai.
Dende aqui queremos dar as grazas polas tardes de baloncesto vividas.
Un saudo
FINAL DA COPA INFANTIL FEMENINA
O resultado foi 36-28 a favor das do Grove, as nosas, non tendo o factor cancha, perderon de 8. Cun arbitraxe máis ben caseiro non se puido facer moito.
Ánimo rapazas
Recordade se perdes unah final e por que chegaches a ela.
Para a proxima será.
sábado, 6 de junio de 2009
FINAL DA COPA INFANTIL FEMENINO
Será mañá sábado ás 17 h. no Grove cando por fin se xogue a final copeira infantil feminina deste ano, logo do erro federativo polo que se fixou para hai 2 semanas dito partido en Pontecesures, pero sen contar co outro club participante, o Meco de O Grove, que era quen tiña prioridade para organizala final.
Asi as cousas, o equipo vai acodir ó Grove con toda a plantilla ó completo, incluidas as 2 alevíns, polo que Antonio terá á súa disposición as 12 xogadoras que clasificaron ó equipo para esta final. Esperemos que poidan facer un bo partido e alzarse co título, logo da decepción da pasada fin de semana, onde nin os cadetes nin os nenos infantís lograron clasificarse para as súas finais, ó perder de 13 e de 2 os seus partidos da pasada xornada.
Este partido supón o peche da temporada oficial a nivel de clubs, quedando a vindeira fin de semana o ultimo torneo de seleccións zonais por disputarse, onde tamén integrantes do C. B. Rio Ulla terán presencia neste torneo de seleccións.
Logo terán os ultimos adestramentos do ano hasta finais de mes, momento onde haberá unhas merecidas vacacións para todos os integrantes do club.
domingo, 31 de mayo de 2009
Resultados
Este sabado foi nefasto para o baloncesto base do noso pobo.
En primeiro lugar o partido xoagado as 5 da tarde do sabado, acabou 53-55 resultado a favor do Liceo Casino de Vilagarcia, equipo que no resto da liga, o noso equipo gañara sen moitos apuros, pero onte os nervios do pase a final en xogo xogaron unha mala pasada. No primeiro cuarto, o liceo colleu unha vantaxe de 20 puntos, que os nosos souberon recortar ata chegar a empatar o partido, pero nos momentos claves do partidos os numerosos fallos debaixo do aro e de canastras "fáciles" condicionaou a derrota e o non pase a final da copa Arousana.
En segundo lugar o equipo cadete masculino, perdeu nun partido que a priori non era o claro favorito, pero sempre habia a esperanza de gañarlle o C.B Pontevedra. O partido sempre tivo un claro dominante, o equipo visitante, que xegou a taer rentas de 19 puntos, os nosos pouco a pouco intentaron recortar ese marcador, pero ao final non o conseguiron, co que tamen quedou fora da final cadete.
A unica vaza que nos queda é a final infantil femenina, que se celebrará outra vez, en proximos días.
Sorte para elas.
sábado, 30 de mayo de 2009
Horarios esta fin de semana
Esta fin de semana os rapaces cadetes e infantís van xogar os ultimos partidos das suas liguillas copeiras. En ambos casos estes partidos virían sendo unha semifinal, quen gañe nos seus respectivos encontros vai pasar á gran final copeira da categoria.
En caso de pasar os cadetes saben que o rival sería o Cambados,xa clasificado para a final, e favorito na mesma, mentras que en infantis, no outro partido da xornada Estudiantes-Liceo, quen gañe tamén pasaría á final, polo que as 2 prazas están para calquera dos 4 equipos.
Infantil masculino: sabado as 5 da tarde en Pontecesures, contra o Liceo.
Cadete masulino: sadado as 19.15 h. en Pontecesures, contra o CB Pontevedra.
Por outra banda, a final de copa infantil feminina vai quedar para a vindeira semana.
Aclarado por parte da federacion que un erro seu foi o causante de que o Meco non se presentara a xogar o fin de semana pasado (non lles fora comunicado o horario, nin a data), eles fixeron prevalecer o dereito a organizar a final, por ser 1º na liguilla, e finalmente xogarase no Grove. Esta semana, na hora que tiñan pabillón, domingo ás 5, varias compoñentes do noso equipo teñen un festival, polo que quedou aprazado para a vindeira fin de semana, en horario por determinar.sábado, 23 de mayo de 2009
Ultima hora
Agora queda saber cal será a resposta da Federación galega, sobre este asunto.
Ultima hora
sorte e a poñerse as pilas
viernes, 22 de mayo de 2009
PARTIDOS ESTA SEMANA
Cadete masculino: Sabado ás 20 h. no Liceo de Vilagarcía.
Infantil masculino: Sábado ás 10 en Pontevedra. contra o CB. Pontevedra.
Ambos deben de gañar seus partidos, para no caso dos cadetes, ter opcións de chegar á final da copa, para o que terian que gañar na seguinte semana a Pontevedra. Os infantís gañando este sábado estarían clasificados para a súa final.
jueves, 21 de mayo de 2009
...
SÁBADO ÁS 12 H. NO PAVILLÓN DE PONTECESURES
EXTRUGASA RIO ULLA - O MECO DO GROVE
domingo, 10 de mayo de 2009
Resultados

Esta fin de semana houbo case pleno nos partidos xogados no polideportivo de Pontecesures.
A xornada comezou ca derrota dos alevins contra C.B Pontevedra, seguiuna a victoria das infantiles femeninos, e cerrou a tarde a victoria do equipo infantil masculino, diante do C.B O Grove.
Esperemos que estes resultados se repitan para a seguinte xornada.
sábado, 2 de mayo de 2009
Partidos xogados estes días
Bo partido ante un rival igualado, nun grupo da copa no que están ademais o CB. Pontevedra e o Xuven de Cambados.
As competicións de cadetes e infantis non teñen partidos esta semana pola 2ª cocentración de seleccions zonais que se celebrará o sábado 2 en Lugo, á que acoden varios integrantes do noso club Rio Ulla.
Noticia sacada da sección de basket de Pontecesures
viernes, 24 de abril de 2009
Comeza a copa
Os cadetes xogan este sabado ás 16 h. en Cambados contra o Xuven, nun dificil partido.
Mais facil se lle presenta ás nenas infantís ique nician o domingo, contra o Cortegada a súa participación copeira, xogando en Carril ás 17 h.
Alevíns e Infantil masculino terán que esperar 1 e 2 semanas respectivamente para iniciar a sua participación neste torneo.
domingo, 5 de abril de 2009
Resultados desta fin de semana
No primeiro, gañaron na casa do Liceo Casino de Vilagarcia, nos segundos finales, e por 1.
Mentres que no partido disputado esta tarde no polideportivo de Pontecesures, gañaron de 9 puntos o C.B Pontevedra, gañando o basket average, moi importante para calsificarse para a final da copa.
Noraboa e a seguir traballando.