Translate

lunes, 9 de mayo de 2016

CADETE MASCULINO (COPA) : EXTRUGASA RIO ULLA 49 - MARIN PEIXE GALEGO 52

Partido disputado en Pontecesures o sábado 7 as 10h.

Arbitros: Vidal, B ; Vazquez, D

Faltas; Locales (15)1T - Visitantes (14)

Gran partido do equipo cesureño na súa estrea na copa Arousana, onde por uns instantes case se logra derrotar ao Marin Peixe Galego.

Comezaba o partido moi igualado para os dous equipos, con canastras bonitas en xogadas de 1 para 1. Rematamos o primeiro cuarto cun parcial de 15-17 para os vistantes.

Xa no 2º cuarto, uns minutos de desaxustes, facían que o Marin Peixe Galego dominase o rebote e lograse unha vantaxa de 6 puntos ao descanso. (24-30)

Logo na 2º mitade todo cambiou, o C.B Rio Ulla entrou concentrado ao partido onde logramos roubar balóns e contras rapidas, o que nos acercaba máis ao marcador.

Un último gran cuarto, parcial de 17-13, facía que as posibilidades de victoria estivesen nas nosas mans, poñendo o partido a dous puntos a falta de 15segundos, logo dun gran triple de Eloi. Logo dunha falta a falta de 5 segundos, tivemos o balón para empatar o partido, pero neste caso o balón non quixo entrar. Gran partido.

C.B Rio Ulla: 11(10);12(1);13(-);15(-);21(-);22(17);23(-);24(9);25(-);44(12);45(-)

No hay comentarios:

Publicar un comentario