Translate

martes, 12 de abril de 2016

2ªDIVISION CADETE MASCULINO: EXTRUGASA RIO ULLA 44 - MARIN PEIXE GALEGO 80

Partido disputado no pabellón de Pontecesures ao sábado 9 as 12h.

Arbitros: Escariz, I ; Lopez, D

Partido con claro dominio dende o principio para o Marin Peixe Galego, onde impuxeron o seu xogo e lograron endosarnos un parcial de 7-27 no primeiro cuarto. A partir desde mal primeiro cuarto, o equipo local intentouno de todas as maneiras, intentando ir a remolque, pero a ventaxa de 20 ptos acadada polo equipo visitante facia case imposible o partido.

Moi fallóns en ataque, non o lograbamos compensar coa defensa ( que nos primeiros cuartos foi moi frouxa).

Logo dunha leve melloría, iamos ao descanso perdendo 15-38 (8-11).

A tónica da segunda parte foi totalmente igual que a primeira, un claro dominio táctico e físico do equipo visitante, que remataba con endosarnos sendo parciais (12-21) e (17-21).
Resultado final: 44-80

A única incidencia a descatar, foi unha falta técnica, con posterioridad a unha falta en ataque inexistente, que o arbitro principal Escariz, I señalou a falta de 4 minutos para o final. Foi a única incidencia dun partido totalmente limpio e sen complicacións arbitrais.

C.B Rio Ulla : Ángel(5), Victor(-), Eloi(5), Pablo(17), Álvaro(17) --- Pablo M(-), Rodri(-), Jorge(-), Alex(-), Alvaro T(-)

No hay comentarios:

Publicar un comentario