Translate

martes, 20 de mayo de 2014

COPA PRIMAVERA INFANTIL MASCULINO


Partido correspondente a 2º volta da copa primavera, grupo 1.

Marin Peixe Galego 56 - C.B Rio Ulla 22

Faltas: 11 locales - 16 visitantes ( eliminado Eloy)

Presentabase o C.B Rio Ulla con númerosas baixas ao partido, tendo que contar cos xogadores alevins ( Rodri, Jon Ander e Pablo), os cales non baixaron os brazos, ao competir contra rapaces que lle sacaban 2 cabezas e varios anos.

Comezaba o equipo local dominando, cunha boa defensa e cun dominio case total do rebote e do partido, a consecuencia desto, o C.B Rio Ulla non conseguiu anotar ata o minuto 6 do primeiro cuarto.
Remataba o primeiro cuarto, cunha tripla de Ángel, que deixaba o marcador ( 16-7 ), para os locales.

Xa no 2º cuarto, o Marín seguia co seu dominio total do partido, aprobeitando dos perdas ocasionadas pola súa boa defensa, e por roubos que remataban en canastras.

O 3º e 4º cuarto, máis do mesmo, certo é que o Marín baixou un chisco a súa defensa, co que nos deixou máis liberdade de xogo.

Quero dar as grazas os tres alevíns que nos acompañaron neste encontro, pola sua entrega cara o equipo. Así mesmo, Rodri acabou con 3 pts e Jon Ander con 2ptos.

Este fin de semana xa remata a copa, tendo que xogar doble xornada o sábado pola mañan no Grove e o domingo pola tarde en Cesures con o BBC.


No hay comentarios:

Publicar un comentario