Translate

viernes, 26 de agosto de 2016

3x3 Basket na Rúa

Hola a todos,
Case rematando as vacacións, damos entrada a nova directiva do Club Baloncesto Rio Ulla que comeza a tempada 2016/2017 co clásico xa 3x3 basket na rúa que terá lugar na plazuela de Pontecesures o vindeiro 10 de septembro.
A presentación oficial da nova directiva farase máis adiante debido o inminente comezo da tempada.
Queremos presentarvos as novidades de este ano do torneo, xa é a 6ª edición, de tal maneira que o anunciamos con pancartas no paso elevado e tamen en carteis repartidos por todos os comercios cesureños con toda a información das categorias, prezos...etc queremos agradecer a súa xenerosa colaboración con este Club e cos nenos que o conforman.
Os establecementos colaboradores son só comercios porque a súa aportación é mediante agasallos para o sorteo.) Para dito sorteo venderanse rifas polo pobo a 1€, para que todo o que queira colaborar poda facelo.
O sorteo realizarase a partir das 18.00 h o propio 10 de septembro e será un sorteo presencial.
Queremos aproveitar o comezo desta andadura para darlle unha nova imaxe mais fresca e renovada as nosas redes sociais, tamén agradecer os socios do Club a súa axuda nestes anos, esperamos seguir contando coa súa colaboración.
Animar a novos socios a formar parte de esta gran familia deportiva como é o Club Baloncesto Rio Ulla.
Un Saludo,
A directiva do Club Baloncesto Rio Ulla

No hay comentarios:

Publicar un comentario