Translate

martes, 26 de abril de 2016

2ª DIVISIÓN CADETE MASCULINO: XUVEN "b" 51 - EXTRUGASA RIO ULLA 78

Partido celebrado en Cambados o 23/4 as 10h

Parciais: 08-30; 13-18; 12-19; 18-11

Partido sen problemas dende o principio, onde cunha alta linea defensiva dende o inicio do partido, lográbamos recuperar moitos balóns que remataban en canastra fácil. A superioridade no rebote defensivo, fixo que puidesemos correr e acabar con transicións rápidas as xogadas. Así, rematabamos o primeiro cuarto cun marcador de 8-30 a prol para o equipo Cesureño, sobre todo grazas ao gran acerto do tiro de 3ptos.

Xa no 2º cuarto as rotacións e o bo facer do equipo local, facia que este cuarto fora máis igualado. Parcial de 13-18. (21-48)

3º e 4º cuarto foi máis do mesmo, rotando ao máximo o banquillo, logramos impoñer o noso xogo no 3º cuarto. No último o equipo local mandou, roubando balóns fáciles e acabando en canastra.

Remataba así o partido cun marcador de 51-78 para o equipo visitante.

C.B Rio Ulla: 11(21)-13(2)-18(-)-21(2)-22(30)24(9)-25(-)-41(-)-44(12)-45(2)




No hay comentarios:

Publicar un comentario