Translate

domingo, 27 de diciembre de 2015

O EQUIPO INFANTIL FEMININO A FINALIZA A 1ª VOLTA CUNHA NOVA VICTORIA ANTE O GIRALDO CB VILAGARCIA, E TERMINAN 2015 INVICTAS NO GRUPO


EXTRUGASA RIO ULLA = 63.

Valeria (-); Paula (4); Yaiza (2); Angie (10); Alba (2); Zaira (13); Sabela (6); Sandra (20); Noa (2); Nerea (3) e Marina (-).

Giraldo CB Vilagarcia Pink = 33
Partido celebrado en Pontecesures o domingo 20/12.
Parciais: 16 - 12; 178 143; 15 - 9.

De inicio, inda que a victoria foi ampla, o Ri oUlla non empezou ben. Despistes en ambos lados do campo, motivados por falta de concentración das rapazas fixeron que o marcador no minuto 5 sinalara un 2 a 5 aprol das chicas do Giraldo, que estaban mais metidas en partido. Logo dun tempo morto, as locais empezan a reaccionar, mellorando no seu xogo. Tanto en defensa, onde xa impedian xogar ó seu rival, pero sobre todo melloraban en ataque. Sandra e Zaira empezaban a anota, e 3 minutos despois o Rio Ulla adiantábase por 12 a 10. No remate do 1º cuarto o marcador sinalaba un 16 a 12.
O equipo mellora seu xogo no 2º cuarto. Ahí apareceu Angie para anotar 8 dos 10 puntos que fixo no partido, o que permitiu que as diferencias se foran ampliando cada vez mais. Ademais o Rio Ulla adiantaba liñas en defensa, e seu rival cada vez tiña mais problemas para anotar. Chegase ó descanso cun 33 a 20 no marcador e as 11 xogadoras do RIo Ulla xa dispuxeran de minutos.
Esa mellora defensiva volvou a ser clave no 3º cuarto. A defensa local so encaixaba 3 puntos nese periodo, ante un rival que apenas veía aro. Eso si, as chicas do Rio Ulla non tiveron seu mellor día en ataque, fallando ocasións claras para encestar. Dos 14 puntos anotados Zaira fixo 6 neses minutos, e Sabela outros 4. Resultado tras os 30 minutos xogados: 47 - 23.
 No último cuarto o partido igualouse algo mais. Sandra liderou o ataque local nestes minutos finais anotando 9 puntos, e o Rio Ulla logra un parcial de 15 a 9 para terminar o encontro gañando por 30 puntos de diferencia.
Agora mesmo o equipo finalizou a 1ª volta no Grupo B de Arousa, e termina líder e invicto. Ademais veuse favorecido pola victoria do Xuven ante Arxil, que agora mesmo son 2º e 3º na taboa, e ambos teñen 2 derrotas. Queda unha 2ª volta emocionante, e o Rio Ulla ten que visitar ambas canchas, polo que de seguro imos seguir disfrutando e partidos "non aptos para cardíacos"... Pero que son os que sempre apetecen gañar. Polo tanto non hai nada claro todavia, e hai que seguir traballando de arreo pra estar arriba.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario