Translate

domingo, 27 de diciembre de 2015

O EQUIPO CADETE FEMININO TERMINA O 2015 NO 3º POSTO Ó GAÑAR Ó ARXIL D: 56 - 29

CADETE FEMENINO 2ª AUTON. (8ª xornada)


EXTRUGASA RIO ULLA =56

Sofia (11); Alba (4); Ana (2); Carmen (5); Lorena (5); Andrea (6); Lara(-); Zaira (5); Sabela (11); Sandra (7).



ARXIL D =29



Partido celebrado en Pontecesures o sabado 19/12.

Parciais: 16 - 04; 13 – 11; 10 – 08; 17 – 06.


Victoria do Rio Ulla quen dende o principio tomou a dianteir ano marcador. As canastas de Sofia no inicio do partido dironlle as primeiras diferencias ó Rio Ulla. Seu rival só foi capaz de anotar 4 puntos neste arranque de partido, polo que ó final do cuarto a ventaxa xa era importante: 16-04. Clave foi a boa defensa local, que defendía ben ás xogadoras do Arxil, quenes eran incapaces de atopar boas posicións de tiro, e se realizaban tiros, as do Rio Ulla reboteaban en defensa.
O 2º cuarto igualouse un pouco mais. A defensa local xa non era tan forte. Ambos equipos entraban nun intercambio de canastas, e inda que o Arxil se achegaba a por por debaixo dos 10 de diferenza, o Rio Ulla seguiu encontrando puntos da man de  Sabela e Sandra neste cuarto, con 5 puntos cada una, que levaba o marcador ó descanso un 29 a 15.
 No 3º cuarto continuaron as rotacións polo bando local, e o partido seguíase movendo nunhas diferencias cómodas de uns 15 puntos arriba pro Rio Ulla. As chicas do Arxil non se rendian e lograron igualar o cuarto, cun parcial de 10 a 8 pras locais: 39 - 23 no remate do cuarto.
E no último cuarto as locais volveron a coller unha boa racha no seu xogo, facendo outro bo cuarto en ambas zonas. En defensa non deixaban boas opcións de lanzamento ó seu rival, cando non roubaban directamente o balón: e en ataque movían ben a pelota, para buscar o millor lanzamento.  O parcial de 17 a 6 para o Rio Ulla así o indica. 
Con esta victoria finalizan o ano no 3º lugar á falta da última xornada da 1ª volta.

No hay comentarios:

Publicar un comentario