Translate

sábado, 19 de diciembre de 2015

O EQUIPO CADETE FEMININO GAÑA EN MARÍN Ó PEIXEGALEGO (42-48) E PONSE DE 3º


CADETE FEMENINO 2ª AUTON. (7ª xornada)


MARIN PEIXEGALEGO = 42

 EXTRUGASA RIO ULLA = 48

Sofia (12); Paula (-); Alba (11); Ana (-); Carmen (-); Lorena (4); Andrea (2); Lara (-); Zaira (2); Sabela (9); Sandra (8).




Partido celebrado en marín o domingo 13/12.

Parciais: 06  - 11; 09 – 16; 18– 12; 09 – 09.

De entrada a defensa do RI oUlla foi moi superior ás locais, pero esa superioridade perdíase na outra canasta. Erraronse moitos tiros fáciles polo que o Rio Ulla perdeu a oportunidade de abrir brecha no marcador (min 5: 2 - 6). Nin con un tempo morto se solucionou esto. Costaba anotar en ataque: as tiradoras non tiñan o dia. Remata o cuarto 6 a 11.
O Extrugasa reacciona no 2º cuarto (o que mellor xogou en ambas zonas).  Finaliza varias saídas de presión con canasta e pouco a pouco vai ampliando a diferencia no marcador. Esta diferencia sobrepasa a decena de puntos chegando ó descanso, con varias contras finalizadas por Sofia, autora de 3 canastas conscutivas: Descanso 15 - 27.
Pero nada mais reanudarse o partido as locais reaccionan e un parcial de 12 a 2 acheganse e póñense a 2 puntos: (min 24: 27 - 29.) Sandra e Alba  desatascan o Rio Ulla, anotando 5 puntos cada una consecutivos e impedindo que as locais se puxeran por diante no marcador. O triple de Alba con que finalizou o 3º cuarto deixaba o electrónico nun 33 a 39 no partido.
As locais volven a subir a intensidade defensiva a base de presionar. Pero o Extrugasa ataca ben e logra anotar, manténdose diante por 5-6 puntos (min 34: 37 a 43). A falta de 3 minutos, e tras 2 canastas de Sabela o marcador estaba 39 a 48 gañando o Extrugasa. As locais poñense a defender a toda cancha á desesperada, e as do Rio Ulla perden varios balóns por precipitarse á hora de atacar. Tampouco tiveron sortenos últimos lanzamentos a canasta. Menos mal que as locais tamén "naufragaban" ante  a defensa do Rio Ulla. Só anotaron un triple quedndo 1 minuto que levou algo de emoción ó marcador 42 - 48; pero este xa non se moveu, finalizando o partido con esa victoria que valía a 3ª praza provisional na taboa para o equipo que saíra gañador, neste caso o Rio Ulla.

No hay comentarios:

Publicar un comentario