Translate

domingo, 22 de noviembre de 2015

RESULTADOS DISPARES PARA AS CADETES E INFANTIS FEMENINAS NA FIN DE SEMANA DO 15 DE NOVEMBRO

CADETE FEMENINO 2ª AUTON. (4ª xornada)

ARXIL C = 81

EXTRUGASA RIO ULLA = 21
Sofia (7); Alba (6); Paula (-); Ana (1); Carmen (-); Lorena (5); Andrea (1); Lara (-); Sabela (2); Sandra (2).

Partido celebrado en Pontevedra o domingo 14/11.
Parciais: 25 - 04; 22 – 06; 14 – 04; 20 – 02.

Contundente derrota das de POntecesures ante un rival que se postula coma claro favorito a gañar este título de liga. A sua forte defensa presionante; o seu maior poderío físico e o seu acerto cara ó aro defendido neste caso polo Rio Ulla fanno ser favorito, con xogadoras que poden xogar perfectamente nunha categoría superior.
Os parciais así o indican. O Rio Ulla en ningún momento se encontrou sobre a pista. Non houbo ninguna xogadora que fora quen de facer frente á defensa presionante local. E eso pesou no transcurso do encontro.

 =============================================================================


INFANTIL FEMENINO 2ª AUTON. (3ª xornada)

CB DORNA DE A ILLA = 47
EXTRUGASA RIO ULLA “A” = 50.
Paula (4); Yaiza (1); Angie (4); Alba (2); Zaira (5); Sabela (14); Sandra (11); Noa (6); Nerea (4); Marina (-).

Partido celebrado na Illa de Arousa o sábado 13/11.
Parciais: 07 - 15; 15 – 15; 13 – 14; 12 – 06.

O equipo das infantís acadou a súa 3ª victoria noutros tantos partidos de liga,e outra vez coma nota negativa o fixo nun partido con “luces e sombras”, unido á lesión no nocello de Angie; pero coma contrapartida foiu capaz de gañar noutro final igualado.  

No primeiro cuarto o Rio Ulla saiu moi concentrado á cancha e enseguida colleu as primeiras diferencias ó seu favor no marcador, gracias a 6 puntos de Sabela e 5 de Sandra en ataque, mais a boa defensa de todo e quipo neste primeiro cuarto: 7 – 15.

Iniciase o 2º cuarto e as cesureñas consiguen ter 10 puntos de renda; pero as da Illa, aproveitando as rotacións por faltas do Extrugasa vence acercando pouco a pouco, chegando a situarse a 3 puntos: 22 – 25. 3 puntos de Zaira, mais una canasta de Paula permiter manter a renda de 8 puntos ó descanso: 22 – 30

No 3º cuarto continuou o intercambio de canastas entre ambos equipos, que estaban disputando un encontró moi entretido. Un parcial de 13 – 14 neste cuarto deixaba o marcador nun 35 a 44.

E xa no último cuarto, as da Illa sairon a pelexalo encontró, e cunha boa defensa lograron deixar sen anotar ó Rio Ulla durante 5 minutos, achegándose a 1 punto: 43 – 44.
Sandra, qun anotou as 3 canastas que conseguiu seu equipo nestes minutos finais, e de novo a boa defensa meses momentos apretados, fixeron que a victoria fora para o Extrugasa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario