Translate

domingo, 1 de marzo de 2015

INFANTIL MASCULINO: MECO CONSTRUCCIONS ANTONIO PROL 69 - EXTRUGASA RIO ULLA 59

Partido disputado o 28/02/2015, as 10h da mañan no polideportivo municipal do Grove.

Arbitros: Gonzalez,A; Ferreiro, M
Locales: 24 faltas. Visitantes 22 faltas

Gran partido en todos os aspectos no que corresponde ao equipo Cesureño. Presentábamos ante o 2º clasificado da táboa, nun partido que parecia ser complicado a priori, xa que no partido de ida en Pontecesures, o equipo Cesureño perdia de (+-) 30 puntos.

No Grove todo cambiou, logo do desastroso partido do domingo anterior ante Cambados, o de onte pareceu ser o rexurdimento do equipo. Completo en aspectos defensivos e tamén en ataque. O certo é que no descanso iamos 9 puntos abaixo no marcador.

Unha vez chegados do descanso, o ataque cesureño, comandado por un gran Rodri, e Alvaro, facía que recortasemos distancia, mediante contraataques e mediante xogadas elaboradas que terminaban en 2+1.

Certo é que, a superioridade Meca, veuse sobre todo no perímetro, onde a súa altura e físico comandaron o seu ataque durante todo o partido.

Xa no terceiro cuarto, acercamonos máis ao marcador, cunha triple de Ángel, e cun parcial de 14-22 chegamos ao ultimo cuarto co marcador igualado. Comezaba de cero o partido.

Aguantouse ata os últimos 2-3 minutos, onde as gañas de gañar, superounos e volvimos a cometer pequenas imprecisións, que se resumian en perdidas de balóns e tiros moi precipitados. As faltas condenaronnos nos últimos 2 mínutos.

Lástima, foi un gran partido que remataba cun marcador de 69-59. Moi bo partido dos cesureños que nunca lle perderon a cara ao partido, denotado por unha defensa clave.

Noraboa rapaces!!!

C.B Rio Ulla : Angel(14 ); Joel( 2 ); Álvaro( 23 ); Rodrigo(18);Victor ( 2 )--- Rubén( 2 ); Lois Blanco ( - ); Pablo de Jesus( - ); Pablo Miguéns ( - )

Hai que destacar a enorme aportacións dos alevin Joel e Lois ( de 1º ano), que xa non teñen nada que envidiar aos infantiles. Tamén esperamos a pronta recuperación do noso compañeiro Álvaro Tubio, que recentemente pasou por unha pequena operación. Pronto volverá a xogar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario