Arbitro: Vilas, D
Equipo local: 30f Equipo visitante: 20f
Comezaba o C.B Rio Ulla moi forte en ataque, acabando xogadas elaboradas en canastras fáciles. O equipo Pontevedres, estivo todo o partido cunha presión a todo campo, que nestes momentos iniciais soubemos romper, e que nos facilitaba rápidas transicións que remataban en canastras. Ao final do primeiro cuarto: 15-05.
No 2º cuarto, máis do mesmo, canastras despois de xogadas elaboradas, e superioridade no rebote, facia que nos fóramos ao descanso gañando 30-18.
Pero, como non, para non baixar da liña dos cuartos malos, este 3º, foi desastroso. Complicousenos a defensa presionante do equipo visitante, que lograba roubar moitos balóns nestas primeiras lineas de pase, e comandados polo seu xogador Mirón, D, lograban facer un parcial de 12-28, e así poñerse por enriba no marcador.
Pero o equipo local reaccionou, outra vez a base de defensa e de romper a súa liña presionante, logramos acabar o partido cun parcial de 20-12, e así gañar o partido cun 62-58.
Extrugasa Rio Ulla : Alvaro (41), Angel (7), Lois F. , Rodrigo (13), Pablo Miguens( 1 ) -- Joel, Lois L, Rubén, Pablo de Jesús, Jon Ander, Franco, Victor.
(FOTOS DO PARTIDO)
No hay comentarios:
Publicar un comentario