Translate

jueves, 12 de febrero de 2015

2 IMPORTANTES VICTORIAS, ANTE ARXIL D E MECO, LEVAN Ó EQUIPO INFANTIL FEMININO "A" DO NOSO CLUB ÁS PORTAS DAS SEMIFINAIS DE LIGA



ARXIL D = 38

Parciais: 11 - 8; 12 - 13; 24 - 7; 16 - 10.

Partido xogado en Pontecesures, e que comezou de xeito negativo para as nosas nenas. De entrada as de Pontevedra se impoñian nos 3 primeiros minutos por 1 a 6. Tras un tempo morto local as do Extrugasa empezan a defender mellor, e dende esa defensa a contratacar, ou ben xogar mellores opcións no 5x5: Sandra, Anguie e logo Laura anotan canastas e resto do cuarto o parcial é de 10 a 2, e se chega ó remate do 1º cuarto 11 a 8.
De salida no 2º cuarto Laura pon a directa e con 3 canastas consecutivas amplia a diferencia local. Pero as de Pontevedra non se renden, e logran acercarse de novo no marcador. Acaba o cuarto e o marcador indica que as do Rio Ulla gañaban 23 - 21.

O equipo que sae á cancha tralo paso por vestiarios e o mesmo, as mesmas 9 xogadoras; pero cunha actitude diferente. Funciona a presión, logrando recuperar balóns e anotar canastas fáciles, e pouco a pouco vanse distanciando no marcador. O parcial do 3º cuarto refleza esa superioridade: 24 - 7. 1 ounto mais para as locais que nos 20 minutos da 1ª metade. E o marcador queda en 47 a 28.
De novo hai rotacións nas locais, pero o equipo non se resente: Parcial de 16 a 10 e victoria por 25 puntos.
 ===================================================================

DOMINGO 08.02.15

MECO TAPERIA ALDARA = 29

EXTRUGASA RIO ULLA A =48

Laura (15), Ana (-); Paula (-); Carmen (-), Andrea (2), Sabela (6), Sandra (12), Iria (0), Nerea (4), Angie (9). 

Parciais: 7 - 14; 14 - 12; 7 - 11; 1 - 11.

Chegábase a este partido ca 2ª praza do grupo da competición en xogo. Quen gañase tiña moitas posibilidades de meterse na semifinal de finais de mes. E o Rio Ulla foi superior e esta a 1 victoria de acadar pelexar polo título ligueiro.

Empezou o partido e pronto as cesureñas se puxeron por diante no marcador. SAndra e Laura foron protagonistas nestes minutos iniciais, pois ademais de defender ás bases locais, para que non construiran o xogo de pases e cortes que fan as do Grove, anotaron cada una de las 2 canastas. Así mediado o cuarto o marcador estaba 5 a 8 para o Rio Ulla. Sabela cunha canasta, e Sandra, con outras 2, puxeron o marcador en 7 a 14 ó final do cuarto.


Pero as mecas non baixaron os brazos, e inda que o Rio Ulla seguia por diante en todo o cuarto, as locais pelexaban cada balón. As diferencias se movian en torno ós 5 a 7 puntos. E se chegou ó descanso 21 - 26 a prol do Rio Ulla.

Os primeiros minutos do 3º cuarto foron os peores para o Extrugasa. Laura comete a 3ª falta persoal    cando se levaban un par de minutos, e o equipo acusouno durante un rato. As locais se poñian por diante 27 a 26 (min 15 aprox.), grazas a un 6 a 0 de parcial. Sandra loga 3 de 4 tiros libres case consecutivos, e pon o 29 a 27 no marcador Logo Andrea anota unha canasta cun dos seus tiros a 3 metros lateral. As mecas anotan un tiro libre e o marcador esta en 28 a 31 a falta de 2 minutos para rematar o cuarto. O equipo segue defendendo moi ben o ataque estático que fan as locais, roubando balóns, facendo que tiraran incómodas, e logo reboteando en defensa. Chegamos ó ultimo ataque con 10 segundos e posesión para o Rio Ulla, e o marcador en 28 a 34. As nenas moven a pelota con 2 pases e encontran a Angie que lanza de 3 dende unha posición que lle gusta para lanzar. E anota a tripla que pon o marcador en +9 parao Extrugasa: 28 - 37; logo dun parcial de 1 a 11 nos últimos 5 minutos.

Este final de cuarto pareceu deixar desconestadas ás locais. A defensa do Rio Ulla seguía sendo moi boa, e en ataque, seguian sumando puntos. Unha canasta de Sandra, e outra de Laura con falta incluida, na que anota o adicional elevan o marcador a 28 a 42. As locais desbordadas só anotaron 1 punto en todo o cuarto, e o Rio Ulla acaba gañando por 19 puntos.

Se se consegue a victoria na casa pra vindeira seman o premio das semifinais de liga será unha realidade. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario